Programa Xuntos polo Nadal
O deparamento de Servicios Sociais do Concello de Boiro informa do prazo de inscrición do programa Xuntos polo Nadal que desenvolve a Consellería de Política Social e Xuventude a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria.
O programa está destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circustancias.
As actividades vanse levar a cabo entre o día 23 de decembro de 2022 e o día 7 de xaneiro de 2023 en dúas quendas de 8 días cada unha. A primeira quenda terá lugar entre o 23 e o 30 de decembro e a segunda entre o día 31 de decembro e o 7 de xaneiro.
Inscricións
No departamento de Servicios Sociais do Concello de Boiro, nos centros de atención social ou en sede.xunta.gal ata o vindeiro 28 de novembro.
Máis información no 900 333 666