Programa actividades 25N 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o 25N cun acto institucional e charlas no marco do programa Muller e Saúde. 

O acto central terá lugar o luns 25 e novemebro ás 12.00 horas na Casa Consistorial de Boiro coa lectura do manifesto institucional e a performance nomeada “As paisaxes de Camille”, unha acción artística sobre a loita contra a violencia de xénero realizada pola Asociación Ambar.

Ademais, durante o mes de novembro vanse levar a cabo dúas actividades dentro do programa Muller e Saúde, unha proposta que busca promover o benestar físico, mental e emocional da muller.


Charla sobre Alimentación Antiinflamatoria, impartida polo dietista da Consellería de Sanidade, Iván Parada Barral
venres 15 de novembro, 17.00 horas - Centro Social de Boiro 

Charla sobre os Beneficios do adestramento de forza para a prevención de enfermidades, impartida polo técnico do Servizo de Estilos de Vida Saudables da Consellería de Sanidade, Orlando Blanco Iglesias
venres 29 de novembro, 17.00 horas - Centro Social de Boiro 

|