8M, Dia Internacional da Muller | Concello de Boiro

O Concello de Boiro conmemora o 8M, Día Internacional da Muller, cunha serie de activiades. 

Por un lado, o venres 7 de marzo ás 11.00 horas na planta baixa da Casa Consistorial de Boiro terá lugar o acto institucional coa lectura do manifesto e o acompañamento da Escola de Música de Boiro. 

O xoves 6 de marzo, as mulleres dos talleres de Memoria da Cruz Vermella de Boiro van participar nun programa do IES Praia Barraña nomeado “As mulleres, motor da nosa vida” mediante o que contarán as súas vivencias ao alumnado do centro.

Para dar visibilidade e promover este día e o Centro de Información á Muller do Concello de Boiro, o local GinLab terá unha hamburguesa especial durante o mes de marzo nomeada Naomi Parker en homenaxe á muller estadounidense icono feminista que deu lugar ao cartel famoso da muller co mono de traballo e pano no puño da campaña We can do it.

 

Ademais, o Concello de Boiro continúa co programa Muller e Saúde con novas actividades. 

Venres 14 de marzo, 16 a 20 horas – Centro Social de Abanqueiro: Recursos básicos para a xestión emocional

Venres 21 de marzo, 16 a 20 horas – Centro Social de Abanqueiro: Estilos de vida saudables - mindfullness

Venres 28 de marzo, 16 a 20 horas – Centro Social de Abanqueiro: Xardinería terapéutica

Sábados 5, 12 e 26 e abril, 11 a 12 horas - Centro Social de Abanqueiro: Adestramento de solo pelviano 

Sábado 21 de xuño, 10.00 horas - Adestramento en autodefensa 

 

 

Inscrcións e información 

Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

669 582 674

|