Convocatoria pública: elección de Xuiz/a de Paz titular

O Concello de Boiro realiza unha convocatoria pública para a elección de Xuíz de Paz titular no municipio. 

O BOP núm. 221 do 18 de novembro de 2026 publica o anuncio da convocatoria. 

As bases están a disposición das persoas interesadas no taboeiro de anuncios, portal de transparencia e poden consultarse aqui. 

 

Requisitos das persoas aspirantes

- Residir no municipio de Boiro 

- Ter a nacionalidade española 

- Maioría de idade

- Requisitos para o ingreso na carreira xudicial (establecidos na Lei Orgánica 6/1985 do 1 de xuño)

- Non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade

Boiro en familia novembro | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, no marco do Proxecto EnClave 2026/2027, desenvolve un programa destinado a familias e docentes nomeado Boiro en familia.

Trátase dun espazo de información, orientación, formación e acompañamento familiar e charlas formativas para familias, alumnado e docentes con persoal especializado.

Normativa e perigos no ocio nocturno
Luns 9 de novembro, 18.30h - Pazo de Goiáns 
Impartida por Martín Camba, axente da Policía Local en Santiago de Compostela.

Pantallas, móbiles e redes: claves prácticas para familias de nenos, nenas e adolescentes
Venres 27 de novembro, 18.30h - Pazo de Goiáns
Impartida por Alberto Soler, psicólogo xeral sanitario, escritor e divulgador

 

Inscricións na ligazón web ou no 981 84 84 25

Aula Mentor | Concello de Boiro

O Concello de Boiro pon en marcha a Aula Mentor no Centro Social de Boiro, unha iniciativa de formación aberta, flexible e a distancia que permite á cidadanía ampliar os seus coñecementos, adquirir novas competencias e avanzar no seu desenvolvemento persoal.

A Aula Mentor é un programa de formación aberta e flexible do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes en colaboración con outras institucións que ten como obxectivo ofrecer formación a distancia para mellorar a cualificación das persoas adultas e promover o desenvolvemento das súas competencias persoais e profesionais.

Esta proposta ofrece un amplo catálogo de cursos organizados en diferentes áreas formativas e itinerarios que permite acreditar estándares de competencia. Trátase de cursos que non esixen requisitos previos de matriculación e que esta sexa flexible durante todo o ano.

Os cursos teñen unha duración estimada de dous meses e as persoas participantes contan cunha plataforma virtual con acceso aos materiais de estudo, actividades e recursos adicionais; ademais de apoio e titorías individualizadas.

Mais información 

Centro Social de Boiro 

https://aulamentor.es/ 

Solicitude para a instalación de terrazas na vía pública para o ano 2027 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro abre o prazo de solicitude para a instalación de terrazas na vía pública para o ano 2027. A solicitude debe presentarse entre o 1 de novembro e o 15 de decembro, a través da sede electrónica do Concello de Boiro. As autorizacións terán vixencia para o ano natural e deberán renovarse cada ano. 

As solicitudes de intalación durante o período estival (do 1 de maio ao 30 de setembro) poderán facerse, ademais de durante o prazo ordinario, nun período adicional entre o 1 de marzo e o 15 de abril. 

A solicitide para os 15 días no entorno da Semana Santa poderán facerse, ademais de no período ordinario, ata 10 días antes do período solicitado. 

 

Ordenanza reguladora da instalación de terrazas na vía pública.

Consulta aqui os aspectos máis importantes a ter en conta para a tramitación de solicitudes e o modelo de instancia. 

Cursos Aula CeMIT novembro 2026 | Concello de Boiro

A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos de formación en novas tecnoloxías que se van levar a cabo durante o mes de novembro de 2026.

Programa formativo 

  • LibreOffice Calc (follas de cálculo) - do 2 ao 5 de novembro de 10.00 a 12.00 horas
  • A nube de Google - do 9 ao 12 de novembro de 10.00 a 12.00 horas
  • Deseño e impresión 3D - do 16 ao 18 de novembro de 10.00 a 12.00 horas 
  • Tramitación electrónica - do 23 ao 26 de novembro de 10.00 a 12.00 horas

Información e inscricións 
Aula CeMIT - Centro Social de Boiro 
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
981 84 26 35
629 769 139 

|