Competencias clave en matemáticas e lingua castelá | PEL Emprego Sustentable

A Deputación da Coruña, a través do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, convoca atividades formativas de competencias clave nivel 2 e 3 en matemáticas e lingua castelá. 

Esta acción formativa, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, é gratuita e permite desenvolver os coñecementos e impulsar a empregabilidade. 

As prazas son limitadas, as inscricións poden facerse ata o 12/05/2021 a través da sede electrónica. 

 

Máis información 

Departamento de Emprego e Orientación Laboral do Concello de Boiro 

Planta baixa do Edificio Consistorial (Praza de Galicia, s/n. 15930 - Boiro) 

Telef.: 981 84 48 00 ext. 1211

Mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

 

 

Proceso selectivo: animador/a sociocultural

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha listaxe para a contratación laboral temporal de animadores/as socioculturais. 

O anuncio e bases da convocatoria publicanse no BOP núm. 76 do luns 26 de abril de 2021

Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. 

O número máximo de integrantes da lista será de 20 e o sistema de acceso vai ser mediante concurso-oposición libre. 

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, que pode consultarse aqui

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de CONCO DÍAS HÁBILES para posibles enmendas. 

 

Presentación de solicitudes 

PRAZO PECHADO 

As persoas interesadas deberán presentar as súas instancias, no modelo que se engade como ANEXO e se pode descargar desta páxina, a través da sede electrónica do Concello de Boiro ou no Rexistro Xeral, en horario de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas. 

O prazo de presentación de solicitudes será de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP (entre o 27/04/2021 e o 03/05/2021). 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 e non exceder a idade de xubilación. 

- Non padecer enfermidade que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade.

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración. 

- Estar en posesión do título de Técnico Superior en Animación Sociocultural ou equivalente. 

 

 

Probas de avaliación en competencias Clave

O Concello de Boiro informa da convocatoria de probas de avaliación en competencias clave da Consellería de Emprego e Igualdade dirixidas a persoas que non teñan a ESO ou Bacharelato, requisitos mínimos para acceder á Formación para o Emprego de nivel 2 e 3. RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder asos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (TR306A).

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 7 de abril 

Lugar de realización das probas: recinto feiral da Fundación Semana Verde en Silleda (Pontevedra) 

Datas previstas para a realización das probas: finais do mes de xuño (a expensas da situcación sanitaria) 

 

Máis información na web de Emprego da Xunta de Galicia ou no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro 

Telf: 981 84 26 09

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

Listas de contratación temporal da Xunta de Galicia

O Concello de Boiro informa da apertura das listas de contratación temporal da Xunta de Galicia. RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche e apertura de determinadas listas para a incorpración de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de abril de 2021. 

Todas as persoas interesadas en formar parte destas listas poderán solicitar a súa inscrición no prazo de referencia, e para iso deberán presentar a instancia conforme ao modelo que está na web da Xunta (www.xunta.gal), no apartado de Listas de Contratación temporal Xunta 2021. 

Documentación que se debe presentar

- Solicitude de inscrición debidamente cuberta

- Impreso de pagamento da taxa

- Certificado debidamente compulsado do grao de coñecemento do idioma galego

- Titulación ou formación non académica para cada grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade e documentación acreditativa dos requisitos para a inclusión na lista que non poidan ser obxecto de consulta pola propia Administración. 

 

Listas abertas

Procedemento de inclusión 

 

 

Máis información

Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro 

Telf: 981 84 26 09

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

 

 

Proceso selectivo: listaxe de técnicos/as de turismo

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha listaxe para a contratación laboral temporal de técnicos de turismo. 

Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. 

O sistema de acceso será mediante oposición libre e o número máximo de persoas integrantes da lista será de 20. 

Publicada a relación provisional de admitidos e excluídos, que pode consultarse aqui

Publicada a relación final de admitidos e excluídos, que pode consultarse aqui

Publicados os resultados provisionais do primeiro exercicio, que poden consultarse aqui

Publicada a resolución das alegacións do primeiro exercicio, que poden consultarse aqui

Publicada as puntuacións provisionais do suposto práctico, que poden consultarse aqui

A presentación de alegacións pode facerse nun prazo de 2 días hábiles. 

 

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (Núm. 39 do 1 de marzo de 2021

As persoas aspirantes deberán presentar o modelo de instancia que se inclúe como ANEXO nas bases e se pode descargar nesta páxina, acompañado do DNI, unha fotocopia que acrediten, como mínimo, o CELGA 4 ou equivalente e a titulación. 

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da Sede Electrónica. 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter cumpridos os 16 anos de idade

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Estar en posesión do título de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou equivalente

Proceso selectivo

A oposición constará de tres exercicios de carácter obrigatorio: 

1º exercicio: proba de avaliación de coñecementos. Cuestionario de 50 preguntas tipo test relativas á historia e á súa comarca, á realidade física e xeográfica do termo municipal e aos recursos patrimoniais e turísticos que posúe. 

2º exercicio: suposto práctico. Unha ou varias probas prácticas relativas ás funcións a desenvolver no posto de traballo. 

3º exercicio: proba de coñecemento de lingua galega. Para aquelas persoas que non acrediten o CELGA 4 ou equivalente. 

|