Campamento concilia Nadal 2021 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través dos departamentos de Cultura e Educación, ofrece un servizo dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos que ten como obxectivo faciliar ás familias un recurso de conciliación con horarios flexibles axustado ás súas necesidades e ofrecer unha alternativa lúdica, formativa e integradora de ocio e tempo libre. 

O desenvolvemento das actividades deste campamento estará baseado en técnicas de intervención participativas e activas coas que se pretende fomentar a creatividade e os valores de respecto a solidariedade con enfoques non sexistas. As actividades deberán ser planificadas segundo as idades e necesidades socio-educativas que se requiran. 

Datas: días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2021 e os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2022.

Lugar: instalacións do Centro Cultural e Deportivo de Boiro (Severo Ochoa nº4 - Boiro). 

Horario: de 8.00 a 15.00 horas. Podendo elexir as familias a hora de entrada, 8.00 ou 9.00 horas, e a hora de saída, 14.00 ou 15.00 horas. 

Ofrecese un total de 50 prazas para nenos e nenas de 3 a 12 anos. 

 

Presentación de solicitudes

Entre o 29 de novembro e o 9 de decembro no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ou mediante a sede electrónica. 

Publicada a relación de admitidos/as no campamento, que pode consultarse aqui

 

Máis infrormación

As bases e os formularios de inscrición poden descargarse aqui, ou conseguirse de xeito presencial na Casa da Culura de Boiro. 

Tel. 981 84 84 25

 

 

 

|