Programación actividades abril 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro leva a cabo durante o mes de abril un programa de actividades co que se busca dar cabida ás inquedanzas culturais da poboación moza do municipio. 

Este programa de actividades nomeado “Inquedanzas culturais. Mocidade en movemento” busca dar cabida ás propostas culturais dos colectivos que traballan conxuntamente co Concello de Boiro para promover iniciativas individuais e colectivas da mocidade dotando de ferramentas para o desenvolvemento dun ocio educativo e saudable e favorecer puntos de encontros e a comunicación entre a administración e a xuventude.

 

Obradoiro de debuxo urbano | 7 de abril, 16.00 a 20.00 horas - Goiáns 

Charla prevención suicidio | 21 de abril, 18.00 horas - Leñaverde

O noso Fest | 23 de abril, 11.00 a 00.00 horas - Skatepark 

Obradoiro de revelado analóxico en blanco e negro | 27 de abril, 17.00h - Leñaverde 

Obradoiro de fotografía, xénero e Redes Sociais | 28 de abril, 18.00h - Leñaverde 

Excursión "Imos de aventura" | 30 de abril, 10.00 horas 

|