Romaría das Letras 2026 | Concello de Boiro

O Pazo de Goiáns acolle o vindeiro 17 de maio a XV edición da Romaría das Letras que organiza o Concello de Boiro e AC Barbantia para conmemorar o Día das Letras Galegas 2026.

PROGRAMA

11.00h – apertura de portas e recibimento de participantes na XV Romaría das Letras no Barbanza

11.30h – mercado de artesanía e literatura cos stands dos colectivos colaboradores e a exposición dedicada a Begoña Caamaño, homenaxeada co Día das Letras Galegas 2026

12.00h – baile galego na eira do Pazo con Xilbarbeira e Abanqueiro

13.00h – concerto sesión vermú con Maricarme no xardín do Pazo

14.00h – xantar popular amenizado polos Pequenos do Barbansa

16.00h – zona infantil con Muidinho Cooperativa no pombal do Pazo

16.00h – presentacións institucionais no interior do Pazo

16.15h – presentacións literarias a cargo da AC Barbantia:

  • “Elas” de Xulio Gutierrez. Taller creativo coa ilustradora Lucía Cobo (Editorial Kalandraka)
  • “A Compostela de Begoña Caamaño” de Encarna Otero (El Patito Editorial)

18.00h – baile galego na eira do Pazo con Aroña e Abeloura

19.00h – concerto con Os D’abaixo na eira do Pazo

21.00h – remate da XV Romaría das Letras no Barbanza

Maio Vintage Market 2026

O Concello de Boiro organiza o vindeiro sábado 2 de maio unha nova edición do Maio Vintage Market na rúa peonil de Boiro. A actividade conta coa colabroación da Asociación Boirense de Empresas e o grupo de voluntariado Turbina

Trátase da primeira gran festa da primavera que serve como dinamizador cultural e da hostalaría e que supón o inicio dos eventos ao aire libre, unha adaptación da festa dos maios que, noutra época, significaba o cambio de estación, a chegada do bo tempo e o rexurdir da terra.

Como en cada edición, o Maio Vintage Market implica ás asociacións culturais, colectivos, hostalaría, comercio… que amosan o gran dinamismo de Boiro. Ademais, haberá artista como Peter Punk, Jara Ortiz, Coro Cores, DJ Esteban ou DJ Toño Ferreirós. Tamén participan no Maio Vintage Market colectivos e asociacións como Ambar ou Turbina.

Ademais participan postos de artesanía, que se deben inscribir mediante o enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. As bases para a inscrición de postos están dispoñibles AQUI

 

Entroido 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, xunto coa colaboración de entidades e asociacións culturais do municipio, leva a cabo unha programación de Entroido pensada para todas as idades.

 

Obradoiro de Entroido 

Destinado a rapazada de entre 4 e 12 anos.

Días 16, 17 e 18 de febreiro no Centro Social de Cabo de Cruz en horario de 10.00 a 13.00 horas

Prazas limitadas. Inscricións no 981 84 78 59 

 

PROGRAMACIÓN

Xoves 12 de febreiro | xoves de Abadesas (Cabo de Cruz) 

Venres 13 de febreiro | venres de Abadesas (Boiro) 

21.00h - charanga Vai de Baile na rúa peonil 

Sábado 14 de febreiro | Sábado de Entroido 

19.00h - Entroido na Boliña e XVII festa da orella de porco e productos típicos do Entroido 

22.30h - festa de Entroido Peñas Boiro AC na Praza de Galicia 

Domingo 15 de febreiro | Domingo de Entroido 

17.00h - festa infantil con DJ Matrek no pavillón da Cachada

Martes 17 de febreiro | Martes de Entroido

18.00h - desfile e concurso de disfraces e carrozas con batucada e DJ Matrek 

BASES DO CONCURSO

Xoves 19 de febreiro 

20.30h - presentación dos entroidos populares no Centro Social de Boiro 

Sábado 21 de febreiro 

Enterro do Felipiño (Escarabote) 

Domingo 22 de febreiro 

Enterro do Farruco (Cabo de Cruz) 

Enterro da Cunca (Praia Xardin) 

Enterro do Óso (Abanqueiro)

 

Semana Santa 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro colabora coa Irmandade do Cristo da Misericordia na programación dos actos da Semana Santa 2026 que se van desenvolver entre o 21 de marzo e o 5 de abril. 

 

PROGRAMA:

Sábado 21 de marzo – Sábado de Lázaro

20.30h – lectura do pregón polo señor Carlos María López del Río e imposición de medallas aos novos cofrades.

Mércores 25 de marzo – Triduo na honra da Virxe das Dores

20.00h – Triduo á Virxe das Dores

Xoves 26 de marzo – Triduo na honra da Virxe das Dores

20.00h – Triduo á Virxe das Dores

Venres 27 de marzo – Triduo na honra da Virxe das Dores

20.30h – festividade das Dores: misa e procesión

Domingo 29 de marzo – Domingo de Ramos

11.00h – convocatoria na Igrexa

11.30h – bendición de ramos no cruceiro de Bao, procesión e misa solemne

Mércores 1 de abril – Mércores Santo

22.00h – procesión de Nuestra Señora de la Piedad

Xoves 2 de abril – Xoves Santo

20.30h – misa da Cea de Cristo, Lavatorio e Hora Santa

22.00h – procesión Ecce Homo e Virxe da Amargura

Venres 3 de abril – Venres Santo

19.30h – celebración da Paixón de Cristo

20.30h – desenclavo  

21.30h – procesión do Santo Enterro

Sábado 4 de abril – Sábado Santo

21.00h – Solemne Vixilia Pascual

Domingo 5 de abril – Domingo de Pascua de Resurección

12.00h – misa solemne de Pascua

Cabalgata de Reis 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis que terá lugar o vindeiro luns 5 de xaneiro de 2026.

A saída da comitiva real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e chegará á Praza de Galicia pola rúa Principal. Na Praza de Galicia haberá unha gran recepción ás SSMM os Reis Magos de Oriente, onde todos os nenos e nenas terán oportunidade de pedirlle os regalos de última hora. A comitiva regresará, como de costume, a Escarabote e rematará o percorrido na Agramuíña.

Para garantir a inclusión, a cabalgata contará cun tramo sen ruído e sen luces, que se fará na rúa Principal, no tramo comprendido entre as interseccións coa Av. de Compostela e a rúa Salvador Allende.

A comitiva está formada por 8 carrozas, incluídas as do tres Reis Magos, o nacemento e os camelos. Contará tamén con animación musical a cargo da banda OJE de Ferrol, o grupo Arume, Os Caraveiros e a charanga Equipo B.

Para a recepción das SSMM, na Praza de Galicia haberá preparada unha gran festa con chocolatada e animación con DJ Matrek dende as 17.30 horas.

 

Como xa é tradición, as Raíñas Magas adiantaranse ás SSMM e visitarán todas as parroquias do municipio o domingo 4 de xaneiro durante todo o día facendo o seguinte percorrido:

11.30h - Abanqueiro (Centro Social) 
12.30h - Cespón (Casa dos veciños) 
13.30h - Bealo (unitaria de Ponte Beluso) 
16.00h - Macenda (Campo de Golf) 
17.00h - Cures (Centro Social) 
18.00h - Escarabote (Centro Social)
19.00h - Cabo de Cruz (Centro Social) 
20.00h - Boiro (Praza de Galicia) 

|