Protocolo violencias | Concello de Boiro
O Concello de Boiro xunto co Centro de Información á Muller (CIM) elaboran un protocolo para a prevención das violencias machistas, sexuais e LGTBIfóbicas nos espacios de ocio en Boiro.
O documento recolle información para detectar os distintos tipos de violencia que se poden dar no ámbito do ocio nocturno co obxectivo de poder identificalas para saber como actuar e previlas.
Descarga o protocolo AQUI.
Violencias machistas
As violencias machistas son calquera acto que lle afecte ás mulleres polo feito de ser mulleres.
Tipos de violencia machista
- Violencia física. Golpear, agarrar, ferir ...
- Violencia patrimonial. Destruir obxetos persoais.
- Violencia psicolóxica. Intimidar, ameazar ...
- Violencia social. Controlar, limitar as relacións con amizades ou familiares...
- Violencia ambiental. Uso da linguaxe machista, burlarse do xénero feminino...
Violencia LGTBIfóbicas
As violencias LGTBIfóbicas son calquera actitude, conduta, fomento, promoción ou incitación ao odio cara as persoas LGTBIQA+
Tipos de violencia LGTBIfóbicas
- Insultos ou comentarios ofensivos
- Burlas ou discriminación das persoas LGTBIQA+.
- Poñer en ridículo a unha persoa.
- Actitudes intimidatorias ou hostís.
- Exhibición de símbolos ou imaxes.
- Promover situacións de tensión ou provocar verbalmente a outra persoa.
- Dicir a orientación sexual dunha persoa.
- Menosprezo e negación da identidade dunha persoa ou negarse a chamar a unha persoa como ela quere que a chamen.
- Cuestionar ou expulsar ás persoas pola súa expresión de xénero ou identidade.
- Persecucións e agresións físicas
Violencia sexual
A violencia sexual é calquera acto que atente contra a liberdade sexual dunha persoa sen o seu consentimento.
Tipos de violencia
- Linguaxe sexista. Miradas, ruidos...
- Achegamento ou contacto físico.
- Inducir a alguén a un estado de semi-incosciencia.
- Ameazar ou chantaxear a realizar prácticas sexuais.
- Acoso ou agresión sexual, incluído a violación.
CÓMO ACTUAR?
- Valorar a situación á que te expós.
- Garante a túa seguridade e a da víctima.
- Se temes pola túa seguridade chama ao 112.
- Atende e acompaña á vítima.
- Transmítille calma e non a deixes soa.
- Acude ao servizos de urxencias sanitarias (061)
- Para identificar á persoa agresora recoméndalle que non se duche e que non mude a roupa.
- Ofrécete a colaborar coa túa testemuña e cos datos que coñezas da persoa agresora.