Actividades igualdade | Concello de Boiro
O Concello de Boiro, a través da área de Igualdade, promove un programa de actividades para desenvolver nos vindeiros meses.
O programa de actividades, denominado Miscelánea en movemento, engloba opcións moi diversas:
Piragua dragón
Inicio o sábado 8 de outubro ás 10.00h no Club de Piragüismo.
Non se precisan coñecementos previos. Actividade para todas as idades.
Andaina da Serea até o Pazo de Goiáns
Xoves 20 de outubro ás 10.00h dende o Concello.
Andaina de 1h de duración e dificultade baixa.
Inclúe visita guiada sobre mulleres reais e imaxinarias que habitaron o Pazo.
Andaina muiñeira a Bealo
Xoves 27 de outubro ás 11.00h desde o Café Casa do Demo.
Andaina de 1h de duración e dificultade baixa.
Inclúe visita guiada ao muíño de Bealo da man da muiéira María Rey.
Pilates
Sábado 22 de outubro ás 17.00h no pavillón de Barraña.
Necesario levar colchoneta e manta.
Actividade solidaria de Pilates Boiro en beneficio da AECC (prezo da inscrición 5 euros).
Bolos tradicionais
Xoves 6 de outubro ás 17.00h no Campo de Bolos do Pazo de Goiáns.
Actividade para todas as idades.
Iniciación ao running
Mércores 2 de novembro ás 17.00h.
Non é preciso ter experiencia previa.
* Todas as actividades terán servizo de conciliación con obradoiros simultáneos para rapaces e rapazas nos que se traballará de forma lúdica a través de actividades creativas, de movemento, manuais, de cociña e xogos, contidos relacionados coa igualdade, a sostibilidade e a prevención da violencia de xénero.
Máis información e inscricións
Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro
981 37 75 59
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.