41/2022. Asistente domicilio (tempo parcial)
O BOP núm. 238 do luns 19 de decembro de 2022 publica as bases xerais e específicas da convocatoria para a estabilización de emprego temporal da oferta de emprego público extraordinaria 2022 do Concello de Boiro.
As bases específicas que rexerán a convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade de tres prazas de asistente a domicilio (tempo parcial 50%), persoal laboral fixo, poden consultarse aqui.
Denominación: Asistente a domicilio
Clasificación: persoal laboral fixo. Grupo E. Tempo parcial (50%).
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (20/03/2023) que se pode consutar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (18/04/2023), que se pode consultar aqui.
Publicada a acta da sesión do tribunal (26/04/2023), que se pode consultar aqui.
Publicada a acta da sesión do tribunal e proposta de contratación (12/05/2023), que se pode consultar aqui.
Solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do estrato do anuncio no Boletín Oficial do Estado.
O BOE núm. 311 do mércores 28 de decembro de 2022 publica a convocatoria.
Requisitos específicos
Ademais dos establecidos nas bases xerais:
- Estar en posesión de algún dos seguintes títulos ou equivalente:
· Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería, equivalente ou superior.
· Técnico/a en atención a persoas en situación de dependencia.
· Técnico/a de atención sociosanitaria.
· Técnico Superior en Integración Social.
· Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
· Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou equivalente.
· Ter solicitado algún dos dous anteriores certificados de profesionalidade e cumprir os requisitos para obtelo.
- Estar en posesión do nivel de CELGA 2 ou equivalente.
- Estar en posesión dos permisos de condución que posibiliten os desprazamentos.
- Dispoñer de medio de transporte para poder realizar os desprazamentos.