Pleno extraordinario do 2 de novembro de 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro luns 2 de novembro ás 20.00 horas un Pleno extraordinario con motivo do sorteo das mesas electorais e outros asuntos. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube. 

Orde do día da sesión: 

1.      Aprobación inicial do regulamento municipal de mercados do Concello de Boiro.

2.      Aprobación definitiva do crédito extraordinario 3/2026.

3.      POS+ AD 4/2026. Corrección erro aritmético.

4.      Sorteo composición mesas electorais das elección xerais convocadas para o 29 de novembro de 2026.

Pleno ordinario do 22 de outubro de 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 22 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube. 

Orde do día da sesión: 

1.      Aprobación da acta da sesión plenaria ordinaria do 17 de setembro de 2026.

2.      Modificación de créditos. Transferencia de crédito 16/2026-TC

3.      POS+ adicional 4/2026

4.      Aprobación do 2º informe do PACES

5.      Moción do grupo municipal Boiro Novo/Mixto para evitar a especulación coa vivenda, aumentar a oferta de vivenda protexida e o alugueiro social.

6.      Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación co canon da auga.

 

Pleno ordinario do 17 de setembro de 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 17 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de setembro. 

A sesión será presencial no Salón de Plenos e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube. 

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación da acta da sesión do 23 de xullo de 2026.

  2. Solicitude de participación no POS+ adicional 2/2026.

  3. Aprobación definitiva do suplemento de crédito 3/2026.

  4. Crédito extraordinario 3/2026.

  5. Moción do grupo municipal de Boiro Novo/mixto para a mellora das condicións laborais das traballadoras do servizo de axuda no fogar (SAF).

Pleno ordinario do 25 de xuño de 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 25 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de xuño de 2026.

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube.

Orde do día da sesión: 

1.      Aprobación da acta da sesión plenaria ordinaria do 28 de maio de 2026.

2.      Aprobación definitiva do orzamento.

3.      Modificación de Créditos

4.      Solicitude de bonificación do ICIO para a construción dunha residencia da 3ª idade no lugar do Saltiño

|