XVIII Encontro Arqueolóxico do Barbanza | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra os días 22 e 23 de febreiro o XVIII Encontro Arqueolóxico do Barbanza, unha cita referente na materia a nivel peninsular e que por primeira vez se celebra no Pazo de Goiáns.
Esta cita, que comezou no ano 2007, mantén o seu obxectivo de trasladar os resultados dos traballos arqueolóxicos realizados na comarca do Barbanza nos que se presta especial atención á arte rupestre e ás investigacións recentes doutras partes de Galicia.
O programa deste ano conta con once ponencias na que van participar preto dunha vintena de investigadores que expoñerán traballos a nivel nacional e internacional.
Inscricións e máis información
centroarqueoloxicodobarbanza.org
PROGRAMA:
Sábado 22 de febreiro
09.00h – acreditacións e entrega de documentación
10.30h – acto de apertura
11.00h – Compartiendo lujo: acción colectiva y tecnologías complejas en sociedades sin estado (Marcos Martinón Torres)
12.15h – descanso
12.45h – Nuevas interpretaciones de la Edad del Cobre Ibérica: Lideresas en el Mega-Sitio de Valencia, Lugar Central del Valle del Guadalquivir (Leonardo García Sanjuán, Marta Cintas-Peña e Raquel Montero Artús)
17.00h – Santalla de Bóveda: a importancia da materialidade para a datación absoluta de edificios históricos (Rebeca Blanco Rotea)
17.30h – A vivencia e resignificación das covas. Os usos modernos de Cova Eirós dende a etnoarqueoloxía (Alba Vidal Soliño)
18.00h – As investigacións sobre a Prehistoria do val do Támega: novos avances no conxunto de A Ceda das Chás/Casteli de Lobarzán (Lucía Rodríguez Álvarez)
18.30h – descanso
19.00h – Intervencións arqueolóxicas no Parque Nacional Marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: Escavacións na Illa de Ons (Alba Antía Rodríguez Novoa, Patricia Valle Aba, Adolfo Fernández Fernández)
19.30h – Potes Vellos, Ideas Novas. A Arqueometría na Orixe da Cerámica de Figuras Negras (Emilio Rodríguez Álvarez)
20.00h – El yacimineto de Tahaddart. Avance de los resultados de las nuevas investigaciones del equipo marroquí-español (Adolfo Fernández fernández, Mohamed Kbiri-Alaoui, Meriem Hansali e Fermín E. Pérez Losada)
Domingo 23 de febreiro
10.00h – Las drogas en la Europa prehistórica: rastreando los orígenes del consumo de vegetales psicoactivos (Elisa Guerra Doce)
11.15h – Pirólogos activos. Gestión y uso del fuego en la Prehistoria ibérica (Ernestina Badal García)
12.30h – descanso
12.45h – Mahados en branco e negro. Primeiros resultados dos proxectos ARPA e ANDALUSIL (Carlos Rodríguez Rellán)
14.00h – clausura da edición