Programación 8 de marzo de 2021 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, mediante as Concellerías de Política Social, Educación e Cultura organiza unha programación de actividades para conmemorar o día 8 de marzo destinada aos centros de ensino do municipio e tamén ao público xeral: 

"Historias de cinema" - Contacontos de Raquel Queizás

Luns 8 de marzo, de 10.00 a 14.00 horas - vía streaming

Raquel Queizás vai facer unha representación que mestura teatro e cine e pretende espertar nos nenos e nenas o amor polo cinema a través da figura de Alice Guy, a nai do cinema. Unha muller pioneira en dirixir cine de ficción e que foi actriz, guionista, deseñadora, produtora e cómica. 

Debido á situación sanitaria, o espectáculo vaise realizar no auditorio da Casa da Cultura e vaise retransmitir vía streaming para os centros educativos. 

"Muller, tradición e baile en Boiro" - Exposición 

Mes de marzo de 2021 - Casa Consistorial de Boiro 

Mostra sobre a figura da muller no baile tradicional con fotos das distintas asociacións de baile do municipio. Participan Xilbarbeira, Pedra da Aroña, Abeloura, Nunca é Tarde e Cen Pliés. A mostra será itinerante e percorrerá os distintos centros do municipio, comezando na Casa Consistorial durante todo o mes de marzo. 

Lectura do manifesto institucional

Luns 8 de marzo de 2021, 12.00 horas - Casa Consistorial de Boiro 

Lectura do manifesto institucional por parte das persoas representantes das distintas asociacións que participan na mostra "Muller, tradición e baile en Boiro". 

"Senlleiras" - Exposición 

Mes de marzo de 2021 - Centro Social de Boiro 

Exposición sobre mulleres cun papel destacado na historia de Boiro realizada pola entidade Unión de Muchachas mediante un traballo de investigación sobre mulleres senlleiras da nosa contorna que destacaron en diversas facetas. A mostra será itinerante, comezando polo Centro Social de Boiro, e estará exposta nos demais centros municipais. 

"As mulleres da nosa vida" - Exposición 

Mes de marzo de 2021 - Casa da Cultura de Boiro 

Exposición fotográfica feita polos centros de ensino do municipio coa que se pretende render homenaxe ás mulleres importantes do alumnado. A mostra estará exposta durante todo o mes de marzo na Casa da Cultura de Boiro. 

"Daniela a Pirata" - Contacontos

Mes de marzo - centros de ensino 

Contacontos sobre igualdade que se vai impartir ao alumnado de cuarto curso dos centros de ensino do municipio e que trata sobre os esteroetipos nas profesións.

 

|