Oportunidades de emprego no rural galego

O Concello de Boiro acolle a xornada "Oportunidades de emprego no rural galego" organizada pola asociación Deloa. 

A xornada será o vindeiro venres 12 de marzo, ás 18.00 horas, no Espazo Leñaverde do Centro Social de Boiro. 

O número máximo de prazas será de 30. As inscricións poden facerse na seguinte ligazón: https://www.deloa.es/xornada-oportunidades-de-emprego-no-rural-galego-gal/ 

 

PROGRAMA

18.00h - Presentación 

José Ramón Romero García, alcalde do Concello de Boiro. 

Francisca Gago Guillán, Asociación de Desarollo Local Deloa. 

18.10h - Experiencias prácticas no sector agroalimentario

Ovidio Queiruga, Comunidade de montes de Baroña. Impulsando un aproveitamento multifuncional do monte, onde os rendementos desta masa forestal vaian máis aló da madeira. 

Carlos Malvido, A Meixoeira. Cooperativa do Morrazo dedicada á elaboración de quixos e iogures artesás feitos con leite de cabra. 

Jose Santiso, O Fogar do Santiso. Un proxecto de gastronomñia responsable baseado nun modelo de economía circular 360º. 

19.15h - Presentación do novo taller emprégate en verde dirixido á mocidade en desemprego

Sabrina Lamas. Técnica de emprego xuvenil da Fundación Paideia Galiza. 

19.30h - Taller práctico Cultigar 

Margarita Fraga Ares. Directora técnica do Laboratorio de Biotecnoloxía Vexetal Cultigar. 

20.15h - Peche 

 

A xornada contará coa actuación musical do grupo "Os Monifates" 

O moderador da xornada vai ser Manuel Cruz Rodríguez, xornalista e director dos programas "O Agro" e "Labranza" da Televisión de Galicia. 

 

|