A Deputación da Coruña, a través da área de Cultura e Deportes, organiza uns campamentos deportivos durante o verán de 2022 que se van desenvolver entre os días 26 de xuño e 29 de xullo para os rapaces e rapazas de municipios da provincia.
Ao Concello de Boiro correspóndenlle 4 prazas entre os días 24 e 29 de xullo.
Este campamento está destinado a rapaces e rapazas nados entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013 e vaise levar a cabo nas instalacións do IES Rosalía Mera da Coruña. O campamento engloba actividades deportivas e culturais como son deportes náuticos, xornada de praia, visitas culturais... con xogos e actividades que axuden a fomentar a comunicación, a convivencia, o respecto aos demais...
O prezo do campamento é de 85 euros, que se deberán aboar unha vez confirmadas as prazas nun número de conta que se facilitará ás familias. O importe inclúe o transporte interno, estadía e manutención en residencia, así como todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.
Inscrición previa
Ata o 20 de maio, presentando no Rexistro Xeral do Concello de Boiro o formulario de inscrición dispoñible aqui.
*No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, farase un sorteo público.
Máis información
Departamento de Deportes do Concello de Boiro
Casa da Cultura de Boiro
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
981 84 84 25
O Concello de Boiro abre unha convocatoria de axudas para apoiar a entidades deportivas sen fins de lucro na participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou estatal.
Serán obxecto desta subvención os gastos federativos; seguros, salarios e seguridade social; gastos de xestión; gastos publicitarios; gastos de comunicación; gastos en vestimenta e lavandería; formación; ximnasio; fisioterapia e farmacia; material de oficina; compras de aprovisionamentos- material Covid; gastos derivados de desprazamentos, hospedaxes, aloxamentos e manutencións: arbitraxes; premios, trofeos e agasallos; ou equipamento deportivo.
O BOP núm. 228 do 30 de novembro de 2021 publicao anuncio da convocatoria de subvencións para clubs e entidades deportivas federadas do municipio durante o ano 2021, que poden consultase aqui.
Descarga as bases e formularios de solicitude aqui.
Lugar e prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitude será de DEZ días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP. Entre o 1/12/2021 e o 16/12/2021.
As solicitudes presentarnse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica.
Requisitos
Poderán optar aos programas desta convocatoria as entidades deportivas que cumpran os seguintes requisitos:
- Club ou entidade deportiva federada con razón social no termo muncipal de Boiro que participe en competición oficial estable.
- Carecer de fins de lucro.
- Estar rexistrada no Rexistro de Entidades do Concello de Boiro.
- Estar rexistrado no Rexistro de Asociacións Deportivas da Xunta.
- Non incorrer en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
- Deberá dispoñer de certificado dixital ou DNI electrónico:
- Quen ocupe a presidencia ou teña delegadas as súas funcións.
- Quen ocupe a secretaría da entidade.
- Quen represente á entidade ante o Concello.
Documentación
- Modelo normalizado de instancia, incluída no ANEXO das bases.
- Certificado acreditativo de representación a entidade.
- Memoria
- Certificados da Federación ou órgano correspondente