Campionato Galego de Duatlón

O Concello de Boiro, xunto co Club de Natación Boiro e a Federación Galega de Tríatlon, organiza o vindeiro sábado día 1 de maio un Campionato Galego de Dúatlon no municipio.

A Policía Local informa de que por motivo da celebración da proba, varias rúas terán cortado o tráfico entre as 16.00 e as 20.00 horas do sábado. O corte da circulación afectará á Avenida da Constitución no carril de baixada entre a rotonda de Abanqueiro e a rotonda da Avenida de Compostela; no carril de subida o corte será entre a rotonda da Avenida de Compostela e o cruce con Robustiano Pérez del Río. Iso tamén conleva o corte parcial das rúas transversais comprendidas entre a Av. da Constitución e a rúa Principal. Na Avenida de Compostela o corte será entre a Av. Constitución e o bar Touliña.

En canto ao estacionamento, estará prohibido a partir das 14.00 horas nas zonas laterais en ambas marxes da Avenida da Constitución, no tramo comprendido entre as rúas Salvador Allende e Robustiano Pérez del Rio, mentres que estará permitido no resto das zonas do circuíto, coa condición de que os vehículos estacionados non reanuden a marcha entre as 16.00 e as 20.00 horas. Esta limitación horaria tamén se aplicará á entrada e saída de garaxes comprendidos no itinerario da proba.

|