Convocatoria de prazas de persoal laboral temporal para o Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca proceso de selección das seguintes prazas de persoal laboral temporal ó abeiro do Programa de Integración Laboral financiado pola Deputación Provincial da Coruña para execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, anualidade 2019:
- 3 peóns de servizos varios a tempo parcial (75%)
- 3 peóns de servizos varios a xornada completa.
A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro durante o prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte a esta publicación de anuncio de convocatoria no xornal “La Voz de Galicia”.
Tanto as bases como a instancia de solicitude desta convocatoria están a disposición dos interesados na Portería da Casa Consistorial e na páxina web www.boiro.org

|