Programa Integrado de Emprego 2021-2022 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro pon en marcha unha nova edición do Programa Integrado de Emprego 2021-2022. Trátase dun programa formativo, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia mediante fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal, dirixido a 100 mulleres desempregadas e inscritas como demandantes de emprego.
É o terceiro ano consecutivo que o Concello de Boiro desenvolve este programa, que ten como obxectivo ofrecer ás participantes accións formativas coa finalidade de lograr unha saída profesional adaptada aos seus obxectivos individuais. A duración do programa é de 12 meses e vaise desenvolver no Viveiro de Empresas e Centro de Formación situado en Espiñeira. O Programa Integrado de Emprego 2021-2022 conta con módulos formativos en hotelería e restauración; en administración e finanzas e en industria alimentaria, podendo escoller as asistentes o que mellor se adapte ás súas inquedanzas. Ademais da formación específica, o programa conta tamén con módulos transversais orientados á inserción laboral e mellora das habilidades necesarias para o emprego.
As persoas participantes recibirán unha bolsa de asistencia, consistente nunha axuda de 7 euros por día pola asistencia ás diferentes accións do programa. Para fomentar a conciliación e favorecer a participación no Programa vaise levar a cabo unha aposta polo uso das novas tecnoloxías combinando a formación presencial coa online para favorecer a conciliación laboral e familiar.
Información e inscricións
Inscrición como demandantes de emprego na Oficina de Emprego e solicitar a asignación do código 930.
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
689 247 963
650 042 409