Incentivos á contratación. Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns - Boiro

O Concello de Boiro leva a cabo o Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns - Boiro, coas especialidades de Actividades Auxiliares en conservación e mellora de montes e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

Co obxectivo de lograr a maior insercción laboral para as persoas participantes nos talleres convócase unha liña de axudas para incentivos á contratación por conta allea durante un mínimo de 3 meses a xornada completa en empresas. 

O BOP núm. 127 do mércores 6 de xullo de 2022 publica a convocatoria das axudas. 

Consulta as bases da convocatoria AQUI

 

Evento Gastronómico de Entroido

Os veciños e veciñas que asistiron ao Evento Gastronómico do Entroido puideron degustar  filloas, orellas, larpeiras ... chocolate e cafés, elaborado todo polo alumnado/traballador do Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III.​
Este proxecto enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil 2014 – 2020, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.​

Showcooking Ambar

As persoas usuarias da Asociación Ambar visitaron ao alumnado/traballador do Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III nunha xornada de showcooking. Despois de tomar nota das mostras realizadas polo alumnado/traballador, as persoas usuarias de Ambar tamén participaron na actividade.​
O Obradoiro de Emprego é un programa mixto de emprego e formación cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia.​

Evento gastronómico do Entroido 2020

O Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III convida aos veciños e veciñas a degustar doces, ademais de chocolates e cafés elaborado polo alumnado/traballador no Centro de Formación. Será gratuíto ata esgotar existencias.​
O Obradoiro de Emprego é un programa mixto de emprego e formación cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia.​

Charla CIM

O alumnado/traballador do obradoiro de emprego recibe formación complementaria en materia de Igualdade de Xénero. Aproveitando esta formación, as integrantes do Centro de Información á Muller (Directora, Avogada e Psicóloga) visitaron o centro de formación para impartir unha charla sobre este servizo público que ofrece o Concello de Boiro.​
Este proxecto enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil 2014 – 2020, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.​
|