Bolsas para deportistas federados/as | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas para apoiar o esforzo realizado por moitos e moitas deportistas con talento para progresar nas súas respectivas especialidades. 

O BOP núm. 17 do 25 de xaneiro de 2023 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui

A cantidade será distribuída en 2 bolsas de 800 euros; 5 de 600 euros; 5 de 300 euros; 5 de 200 euros; 7 de 150 euros; 12 de 100 euros e 8 de 50 euros. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

As solicitudes presentaranse mediante a sede electrónica do Concello de Boiro (https://boiro.sedelectronica.gal/info.0

O prazo é de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. Data de publicación do BOP: 25/01/2023. 

 

Requisitos dos/as solicitantes

- Estar empadroado/a en Boiro. 

- Ter entre 9 e 23 anos a data do 31 de decembro de 2022.

- Dispoñer de licencia federativa en vigor no momento da presente convocatoria. 

- Ter participado na tempada precedente nalgún dos seguintes eventos: 

· campeonatos oficiais galegos, españois ou de nivel superior. 

· convocatorias das seleccións galega e española. 

· probas oficiais de nivel competitivo igual ou superior aos campeonatos galegos. 

· campeonatos oficiais absolutos de liga de 1ª, 2ª e 3ª categoría de cada especialidade. 

- Non sufrir sanción nin descalificación por comportamento antideportivo ao longo da tempada. 

Subvencións a clubs e entidades deportivas | Concello de Boiro

 O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas para apoiar ás entidades deportivas sen ánimo de lucro na súa participación en ligas ou competicións oficiais a nivel comarcal, provincial, autonómico ou estatal nas modalidades deportivas implantadas en Boiro. 

O BOP núm. 17 do 25 de xaneiro de 2023 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui

 

Obxecto das axudas 

O obxecto destas subvencións é financiar os gastos federativos; seguros, salarios e Seguridade Social; gastos de xestión (bancos, xestorías...); gastos de publicidade (megafonñia, cartelería, web...); gastos de comunicación (teléfono, internet...); gastos de roupa e lavandería; formación; ximnasio, fisioterapia e farmacia; material de oficina; compras de aprovisionamentos; gastos derivados de desprazamentos, hospedaxes, aloxamentos e manutención; arbitraxes; premios, trofeos e obsequios; equipamento deportivo. 

Prazo e presentación de solicitudes 

As solicitudes presentaranse mediante a sede electrónica do Concello de Boiro (https://boiro.sedelectronica.gal/info.0

O prazo é de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. Data de publicación do BOP: 25/01/2023. 

 

Requisitos

- Club ou entidade deportiva federada con razón social no municipio de Boiro que participe en competición oficial estable. 

- Carecer de fins de lucro. 

- Estar inscrito no Rexistro de Entidades do Concello de Boiro. 

- Estar inscrito no Rexistro de Asociacións Deportivas da Xunta. 

- Non incurrir en algún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a recepción de axudas ou subvencións públicas. 

- Ter certificado dixital ou DNI electrónico. 

 

 

XVII Carreira Popular Mar de Boiro - 15ª memorial Pepe Buceta | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Deportes, organiza unha nova edición da carreira popular Mar de Boiro - 15º memorial Pepe Buceta, que terá lugar o vindeiro domingo 4 de decembro de 2022.

A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e consta de tres categorías distintas.

Mini e Supermini - 200 metros para idades ata os 7 anos (saída ás 10.40h da rúa Peonil) 

Escolares - 2.500 metros (saída ás 11.05h da rúa Principal) 

Carreira longa - 10.000 metros para categoría xeral (saída ás 11.00h da rúa Principal) 

 

Consulta as bases da proba AQUI.  

Inscricións abertas ata o xoves 1 d decembro ás 23.59 horas na web de Emesports (www.emesports.es

Campaña da neve 2023 - Deputación da Coruña

O Concello de Boiro participa un ano máis na Campaña da Neve 2023 que organiza a Deputación da Coruña para rapaces e rapazas dos concellos da provincia de entre 11 e 15 anos. 

A Boiro correspóndenlle 11 prazas na terceira quenda, que transcorre entre os días 27 e 30 de xaneiro. 

O prezo de participación é de 85 euros e inclúe o transporte de ida e volta, estadía e manutención na estación, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto de actividades e cursos programados. 

As persoas participantes gozarán de catro días na estación invernal de Valgrande-Pajares con cursos de esquí e outras actividades complementarias e alternativas. 

 

Inscrición

Presentar o formulario de inscrición, dispoñible aqui no Rexistro Xeral do Concello de Boiro entre o 1 o 16 de decembro. 

 

Máis información 

Departamento de Deportes do Concello de Boiro 

Descargas:
Download this file (tríptico.pdf)tríptico.pdf

Día da Bici | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza este domingo 6 de novembro unha nova xornada do Día da Bici. 

 

Lugar e saída: Casa do Concello 

Concentración: 10.30 horas

Saída: 11.00 horas 

Inscricións: ata o venres día 4 ás 12.00 horas no Departemnto de Deportes (Casa da Cultura de Boiro, A Cachada) ou no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

 

*Uso obrigatorio de casco. 

*Maiores de 6 anos. 

*Non se permite o uso de bicicletas con rodíns traseiros de equilibrio. 

 

|