XVI Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz- Boiro
Boiro recupera a Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz cun programa de actividades para celebrar a súa 16ª edición os días 16, 17 e 18 de agosto.
O principal obxectivo desta cita é potenciar o mexillón das rías galegas, buscando levar máis lonxe un produto moi habitual na dieta dos galegos e galegas, sumado ao alto número de postos de traballo directos e indirectos que xera na comunidade autónoma.
PROGRAMA:
19.30h - charla "Análise da situación das rías galegas" con Uxío Labarta no local de usos múltiples do Mercado Municipal