Medidas de prevención específicas no municipio de Boiro

Boiro, 5 de decembro de 2020

Boiro atópase no nivel máximo de restriccións, polo que conta con medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución derivada da Covid-19, recollidas no DOG núm. 244- Bis do 3 de decembro de 2020.

As medidas están en vigor dende as 00.00 horas do 5 de decembro de 2020. 

Limitacións de entrada e saída

Está restrinxida a entrada e saída de persoas do termo municipal, a excepción daqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes supostos:

  • Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
  • Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.
  • Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
  • Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
  • Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  • Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou establecementos de servizo en territorios limítrofes.
  • Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
  • Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.
  • Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
  • Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
  • Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada. 

Limitación de permanencia de grupos de persoas

A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado está condicionada a que non se supere o número máximo de 4 persoas

Establecementos de restauración

O interior dos establecementos de restauración permanecerá pechado ao público e só poderán abrir as terrazas ata un máxmo do 50% e ata as 17.00 horas. 

Poderán prestar servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. 

A permanencia nestes establecementos será a estrictamente necesaria. 

Outros locais ou establecementos comerciais

Non se poderá superar o cincuenta por cento da capacidade autorizada ou establecida.

As actividades en grupo deberán realizarse cun máximo de 4 persoas. 

Lugares de culto

Non se poderá superar o terzo da súa capacidade e deberase garantir, en todo momento, a distancia de seguridade de 1`5 metros. 

Obrigas de cautela e protección xerais

Deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención da Covid-19: 

  • Obrigatoriedade do uso de máscara.
  • Mantemento da distancia de seguridade interpersoal.

 

 

|