Pleno ordinario do 26 de marzo de 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 26 o Pleno ordinario correspondente ao mes de marzo. 

A sesión terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube. 

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 19 de febreiro de 2026.
  2. Modificación de Créditos.
  3. Recoñecemento extraxudicial de créditos.
  4. Moción do grupo municipal do PP sobe a modificación do regulamento xeral de Costas.
  5. Moción do grupo municipal do PP sobre o uso de prendas como o Burka e Niqab, así como outros elementos que oculten o rostro en espazos públicos.
  6. Moción do grupo municipal de Boiro Novo/mixto para aumentar o número de contedores de reciclaxe nos núcleos do rural do Concello.

Pleno ordinario do 19 de febreiro de 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 19 o Pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro.

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube.

Orde do día da sesión:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 29 de xaneiro de 2026.
  2. POS+ adicional para gastos sociais extraordinarios.
  3. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación co financiamento de Axuda no Fogar.
  4. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación coas modificación introducidas na Lei 5/2016, de 4 de maio, de patrimonio cultural de Galicia.
  5. Moción do grupo municipal do BNG sobre o Centro Social de Escarabote.
  6. Moción do grupo municipal Boiro Novo/mixto para dotar de pavimento de parqué o pavillón de Praia Xardín.
  7. Bonificación ICIO explanación de parte dunha parcela no lugar de Bermo.

Pleno ordinario do 29 de xaneiro de 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 29 o Pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro de 2026. 

A sesión terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación da acta da sesión ordinario do 18 de decembro de 2025.
  2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 14 de xaneiro de 2026.
  3. Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+2026.
  4. Aprobación da modificación dos estatutos da mancomunidade da Ría de Arousa Zona Norte (Barbanza Arousa). 

Pleno ordinario do 18 de decembro de 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 18 o Pleno ordinario correspondente ao mes de decembro. A sesión terá lugar ás 20.00 horas e poderase seguir en directo a través da canle municipal de YouTube.

Orde do día da sesión:

  1. Aprobación da acta da sesión plenaria do 27 de novembro de 2025
  2. Bonificación do imposto sobre construcións para a execución das obras destinadas á rehabilitación integral do CEIP Praia Xardín.
  3. Convenio interadministrativo de cooperación entre o Concello de Boiro e a Deputación da Coruña co obxecto de habilitar a posibilidade de encomendar a xestión material da selección do seu persoal funcionario interino para postos de arquitecto/a e arquitecto/a técnico/a a esta Deputación.
  4. Moción do grupo municipal Boiro Novo/mixto para regular o servizo de cobro da factura do subministro do abastecemento de auga.
|