O Concello de Boiro, a través da área de deportes, convoca as bolsas para deportistas federados da localidade para o ano 2021.
A dotación total da convocatoria é de 7.500 euros, que se distribuirán en 5 bolsas de 300 euros, 10 bolsas de 200 euros, 16 bolsas de 150 euros e 16 bolsas de 100 euros.
O BOP núm. 98 do 25 de maio de 2022 publica o anuncio da convocatoria.
Prazo e presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro nos dez días hábiles posteriores á publicción no BOP do anuncio das bases deste programa de bolsas.
Requisitos das persoas solicitantes
- Estar empadroadas en Boiro
- Ter entre 9 e 23 anos (data 31 de decembro de 2021)
- Dispoñer de licencia federativa en vigor no momento da presente convocatoria
- Ter participado na tempada precedente en:
- campionatos oficiais galegos, españois ou de nivel superior
- convocatorias das seleccións galega ou española da especialidade
- probas oficiais de nivel competitivo igual ou superior aos campionatos galegos, así recoñecidas e acreditadas pola federación correspondente
- campionatos oficiais absolutos de liga 1ª, 2ª e 3ª categoría de cada especialidade
- Non sufrir sanción ou descualificación por comportamento antideportivo
A Deputación da Coruña, a través da área de Cultura e Deportes, organiza uns campamentos deportivos durante o verán de 2022 que se van desenvolver entre os días 26 de xuño e 29 de xullo para os rapaces e rapazas de municipios da provincia.
Ao Concello de Boiro correspóndenlle 4 prazas entre os días 24 e 29 de xullo.
Este campamento está destinado a rapaces e rapazas nados entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013 e vaise levar a cabo nas instalacións do IES Rosalía Mera da Coruña. O campamento engloba actividades deportivas e culturais como son deportes náuticos, xornada de praia, visitas culturais... con xogos e actividades que axuden a fomentar a comunicación, a convivencia, o respecto aos demais...
O prezo do campamento é de 85 euros, que se deberán aboar unha vez confirmadas as prazas nun número de conta que se facilitará ás familias. O importe inclúe o transporte interno, estadía e manutención en residencia, así como todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.
Inscrición previa
Ata o 20 de maio, presentando no Rexistro Xeral do Concello de Boiro o formulario de inscrición dispoñible aqui.
*No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, farase un sorteo público.
Máis información
Departamento de Deportes do Concello de Boiro
Casa da Cultura de Boiro
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
981 84 84 25