Programa Integrado de Emprego do concello de Boiro, Rianxo e A Pobra do Caramiñal 2026/27

Os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra do Caramiñal comezan unha nova edición do Programa Integrado de Emprego para o curso 2026/2027. Trátase dunha iniciativa formativa destinada a cen persoas desempregadas da comarca que busca aumentar a empregabilidade da zona.

Este programa formativo está baseado nunha metodoloxía innovadora onde as persoas usuarias son protagonistas da súa propia transición profesional con formación novidosa, emprego de tecnoloxías e plataformas dixitais, colaboración directa con empresas e adaptación do programa a necesidades locais e sectores da comarca.

O programa terá unha duración de 12 meses e nel poderán participar 100 persoas desempregadas da comarca que estean inscritas como demandantes de emprego.

A formación contará con prácticas en empresa e, para facilitar a participación na formación, contarase cunha bolsa de asistencia de 10 euros por día, ademais de medidas de conciliación tales como a derivación aos recursos municipais de conciliación, flexibilización e adaptación horaria, formación en modalidade flexible e sala de lactación e maternidade. 

Este programa está destinado a persoas desempregadas con discapacidade, en risco de exclusión social beneficiarias de Risga, vítimas de violencia de xénero, migrantes, maiores de 52 anos, menores de 30 anos, beneficiarias da renda de inclusión social, perceptoras de prestacións por desemprego ou renda activa, desempregadas a consecuencia dun expediente de regularización de emprego, mulleres ou persoas desempregadas de longa duración e  ten un obxectivo de inserción do 42% das persoas participantes.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro, Rianxo e A Pobra 2026/27 está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, con fondos finalistas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). 

Oferta formativa 

·         Peixería: preparación de peixes

·         Adecco conserva formación mar aberto

·         Charcutería

·         Tenda virtual prestashop

·         Condución de carretilla elevadora

·         Sistemas e procesos loxísticos

·         Project Management

·         Competencias dixitais básicas

·         Técnicas de atención ao cliente de resolución de conflictos

·         Operacións básicas de caixa

·         Carnicería e despece

·         Seguridade alimentaria, manipulación e control de alimentos

·         Técnicas básicas de primeiros auxilios

·         Aplicación de fundamentos básicos en cociña

·         Saúde, nutrición e dietética

·         Técnicas e procedementos de limpeza en aloxamentos

·         Monitor de tempo libre

 

Máis información 

Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

659 247 963 / 650 042 409 

Cursos formativos AFD 2025/2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro vai desenvolver accións formativas dirixidas a mellorar a cualificación de persoas desempregadas no período 2025-2026

Vanse desenvolver dous cursos, que se van impartir no Centro de Formación e Viveiro de Empresas que o Concello de Boiro ten no Polígono Industrial de Espiñeira. 

Os obxectivos destas accións formativas son mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras e mellorar as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidade de adaptación aos cambios nos sectores produtivos e á inserción laboral.

  • Operacións Básicas de Cociña

Nivel profesional: Nivel 1 (Formación inicial básica)

Horario: de 9.00 a 14.00 horas

Duración: 12/01/2026 – 05/05/2026

Lugar: presencial. Centro de formación e viveiro de empresas, polígono industrial de Espiñeira, Boiro

  • Operacións Básicas de Restaurante e Bar

Nivel profesional: Nivel 1 (Formación inicial básica)

Horario: de 15.00 a 20.00 horas

Duración: 09/02/2026 – 19/05/2026

Lugar: presencial. Centro de formación e viveiro de empresas, polígono industrial de Espiñeira, Boiro

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- Estar inscrito/a como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. 

 

Máis información e inscricións 

Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

981 84 26 09

Programa Integrado de Emprego 2023-2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, coa colaboración dos Concellos de Rianxo e A Pobra , desenvolve unha nova edición do Programa Integrado de Emprego que se vai desenvolver no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira durante o ano 2023/2024. 

A formación inclúe formación espacífica en envasado, acondicionado e embalaxe de produtos alimentarios; elaboración de pezas cárnicas, sistemas e procesos loxísticos, preparación de productos do mar para a industria alimentaria, servizos básicos de barra e restauración, técnicas e procedementos en limpeza de aloxamentos... e tamén formación transversal para a mellora da empregabiliade e habilidades para a búsqueda de emprego. 
O programa inclúe un servizo de medidas de conciliación para facilitar a asistencia ás actividades, apostando polas novas tecnoloxías para reducir a presencialidade, adaptación horaria, flexibilidade e adaptación segundo as necesidades das usuarias.

Dereito a bolsa de asistencia de 10 euros por día de asistencia. 

 

Consulta o programa formativo íntegro aqui. 

 

Requisitos das persoas aspirantes

Estar inscrito como demandante de emprego, asiganación do código 930. 

Exclusivo para mulleres. 

 

Máis información

Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.gal 

659 247 963

650 042 409

Programa Integrado de Emprego 2024/2025 | Concello de Boiro, Rianxo e A Pobra

Os Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra desenvolven unha nova edición do Programa Integrado de Emprego 2024/2025.

O Programa Integrado de Emprego 2024/2025 está destinado a 100 persoas da comarca inscritas como demandantes de emprego que, durante 12 meses, van recibir formación específica acorde aos sectores produtivos da zona así como xornadas destinadas a mellorar as habilidades de empregabilidade e inserción laboral.

OFERTA FORMATIVA 

  • Técnicas de limpeza e operacións de posta a punto. Departamento de pisos
  • Eventos, cátering e banquetes
  • Cociña básica
  • Identificación de alérxenos e manipulación de alimentos en establecementos de hostalaría
  • Manipulador de alimentos
  • Conducción de carretillas elevadoras (I edición)
  • Conducción de carretillas elevadoras (II edición)
  • Xestión e control de compras e stock en almacén
  • Elaboración de pezas cárnicas
  • Operacións básicas de caixa
  • Office: Word, Excel, Access e Power Point
  • Xestión integral de PEMES
  • Inglés inicial
  • Traballos en altura con brazo articulado
  • Preparación de peixes e mariscos para a industria e a venda
  • Electricidade/soldadura

ACCIÓNS A DESENVOLVER NO PROGRAMA 

  • Servizo integral de formación, orientación e asesoramento laboral
  • Formación en habilidades sociolaborais e en técnicas de busca efectiva de emprego
  • Sesións de coaching para a busca de emprego
  • Formación e asesoramento sobre mobilidade laboral e emprendemento
  • Formación transversal en idiomas e novas tecnoloxías
  • Formación específica para o emprego
  • Prácticas profesionais non laborais
  • Prospección de ofertas laborais e emparellamento de ofertas coas demandantes de emprego participantes no Programa

As persoas participantes percibirán unha axuda de 10 euros por día de asistencia ás accións do Programa.

Posta a disposición dos servizos municipais para favorecer a conciliación. Aposta das novas tecnoloxías para reducir a presencialidade, adaptación horaria, flexibilidade e adaptación a cada persoa usuaria.

Inscricións e máis información 

Centro de Formación e Viveiro de Empresas (Pol. Industrial de Espiñeira) 

659 247 963
650 042 409

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Cursos formativos AFD 2023-2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro vai desenvolver accións formativas dirixidas a mellorar a cualificación de persoas desempregadas no período 2023-2024.

Vanse desenvolver tres cursos, que se van impartir no Centro de Formación e Viveiro de Empresas que o Concello de Boiro ten no Polígono Industrial de Espiñeira. 

Os obxectivos destas accións formativas son mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras e mellorar as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidade de adaptación aos cambios nos sectores produtivos e á inserción laboral.

  • Cociña - 828 horas 
  • Servizos de Bar e Cafetería - 658 horas 
  • Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio - 618 horas

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- ESO 

- competencias clave en nivel 2 

- certificado de profesionalidade da mesma familia nivel 1 (hostalería) 

 

Máis información e inscricións 

Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

981 84 26 09

 

Subcategorías

|