Pleno ordinario do 17 de outubro de 2024 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra este xoves día 17 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de outubro de 2024.
A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro, dispoñible AQUI.
Orde do día da sesión:
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Renuncia da concelleira do grupo municipal do Partido Popular, Alba Ferreiro Fernández.
- Renuncia da concelleira do grupo municipal de Boiro Novo/mixto, Dores Torrado Ares.
- Crédito extraordinario 2/2024 e suplemento de crédito 1/2024.
- Acordo de adhesión ao servizo para a implantación do sistema de xestión documental ARQA.
- Contestación de recurso de reposición interposto contra o acordo adopatdo polo Concello en Pleno de data de 21/03/2024 polo que se desestima a solicitude presentada por Estrella del Mar Boiro SLU para a prórroga de concesión de dominio público outorgada con data 11/03/1993 para a explotación dun servizo de bar- restaurante en Praia Xardín.
- Modificación ordenanza fiscal nº3 Imposto sobre Bens Inmobles.
- Moción Partido Popular do Concello de Boiro en relación a SOGAMA.