Saúdo do Alcalde

Veciñas e veciños:
Benvidos á páxina web do Concello de Boiro. Este espazo é a carta de presentación do noso concello e todo no que nel pasa. Aquí atoparedes toda vida cultural, deportiva e todas as novas e a actualidade do municipio.
Boiro atopase nun lugar privilexiado, pertence á comarca do Barbanza, na provincia da Coruña. A súa paisaxe, a contorna, a gastronomía, a cultura do municipio e a súa xente son inigualables. Dende as súas praias aos seus montes, Boiro é un lugar para desfrutar tanto se vives aquí como se vés de visita.
O meu compromiso como alcalde deste municipio é coidar del e lograr que sexa o lugar no que todas e todos sintamos o noso fogar.
Esta páxina web é unha ventá dende a que poder ver todo o que nos importa. Un xeito de estar informados e tamén un medio de comunicación entre o Concello e a veciñanza. Un lugar de todos os boirenses e para todos os boirenses.
José Ramón Romero, Martiño
Alcalde de Boiro