Presentación

Boiro é un concello coruñés das Rías Baixas situado na vertente meridional da serra do Barbanza, macizo que, a modo de península, separa a ría de Muros-Noia ao norte e a de Arousa. Trátase dun espazo orientado ao sur, duns 86 quilómetros cadrados de extensión no que se aprecia o marcado contraste da montaña que percorre o norte do concello e a ampla franxa costeira que, aos seus pés, dá ao mar de Arousa.


Por moitos motivos Boiro é un lugar para visitar, gozar, admirar, camiñar...

Un lugar para visitar

A costa de Boiro distínguese polas praias resgardadas, ofrecéndolle ao visitante un lugar tranquilo onde bañarse, tomar o sol e gozar das posibilidades que ofrece a costa. Praias como Barraña, Carragueiros, A Retorta, A Ladeira do Chazo, ou Mañóns son relaxantes espazos de diversión que atraen ás persoas que escapan da masificación.

Un lugar para gozar

A costa de Boiro distínguese polas praias resgardadas, ofrecéndolle ao visitante un lugar tranquilo onde bañarse, tomar o sol e gozar das posibilidades que ofrece a costa. Praias como Barraña, Carragueiros, A Retorta, A Ladeira do Chazo, ou Mañóns son relaxantes espazos de diversión que atraen ás persoas que escapan da masificación.

Un lugar para admirar

Entre as rías de Arousa, Muros e Noia levántase a Serra do Barbanza. Tanto a paisaxe como a fauna e flora desta serra fan dela un centro de interese para os amantes dos espazos naturais. A panorámica sobre as rías é cara aos vales, as súas espectaculares fervenzas, as manadas de cabalos pastando en liberdade convértena nun lugar privilexiado de gran valor ecolóxico. Rutas a pé ou en bicicleta como as que levan á charca de Abanqueiro, as lagoas de Carragueiros, ou o esteiro do río Beluso permiten apreciar o contorno en toda a súa beleza.

Un lugar para camiñar

Os homes e as mulleres do neolítico construíron entre o 3500 e o 2000 a.C. numerosos monumentos funerarios (Mámoas) en todo o territorio ocupado hoxe polo Concello de Boiro. Os máis significativos atópanse nas terras do Barbanza, onde é posible visitar un dos conxuntos megalíticos máis importantes do noroeste.
Os petróglifos de Pedra da Cabra e Pedra da Bouza son gravados sobre rochas ao aire libre. Foron realizados por xentes que vivían na idade de bronce, entre o 2000 e o1000 a.C., e representan figuras de animais e outros motivos abstractos.
Os castros son aldeas fortificadas da idade de ferro, o período final da prehistoria. Neles habitaban comunidades que practicaban a agricultura, a gandería, a pesca e o marisqueo. Os máis coñecidos sitúanse na costa, onde era moito máis fácil desenvolver este tipo de recursos. Un recorrido polos castros do Achadizo e Neixón permite ver os restos escavados dos seus poboadores e axúdanos a entender como sería parte da súa vida cotiá.
 
|