Procesos de selección de persoal
Aulixiar policía, servizos varios-fontanería e traballador/a social
O Concello de Boiro convoca os seguintes procesos de selección de persoal laboral temporal: 1.- Listaxe para a cobertura temporal de ata un máximo de oito prazas de auxiliar de policía local durante o exercicio 2017. A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ata o 3/03/2017 ás 13:30 horas. 2.- Listaxe para a cobertura temporal de prazas de oficiais de servizos varios – fontaneiros. A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ata o 23/02/2017 ás 13:30 horas. 3.- Listaxe para a cobertura temporal de prazas de traballador/a social. A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ata o 23/02/2017 ás 13:30 horas. Tanto as bases como a instancia de solicitude destas convocatorias están a disposición dos interesados na Portería da Casa Consistorial e na páxina web www.boiro.org Boiro, 15 de febreiro de 2017 O alcalde, Asdo.: Juan José Dieste Ortigueira