APROBACIÓN INICIAL - Ordenanza para o uso da lingua galega

O Pleno do Concello de Boiro, na sesión celebrada o 9 de xuño de 2022, acordou aprobar inicialmente a Ordenanza para o uso da lingua galega no concello de Boiro. 

O Boletín Oficial da Provincia núm. 114 do 16 de xuño de 2022 publica o anuncio de exposición pública. 

A exposición pública é de 30 días hábiles, durante os cales as persoas interesadas poderán revisar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. 

O expediente poderá ser consultado no departamento de Tesourería de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas ou na sede electrónica do Concello, dispoñible AQUI

EXPOSICIÓN PÚBLICA - Ordenanza fiscal para o cobro do dominio público derivado do uso de caixeiros automáticos

O Concello de Boiro somete a consulta pública o borrador da Ordenanza fiscal para o cobro por ocupación do dominio público derivado do uso dos caixeiros automáticos. 

Prazo: 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación na web (02/03/2022) 

Forma de participación: a través do enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

|