Boiro Emerxe

O Concello de Boiro, a través da área de mocidade, organiza un faladoido de conversas inspiradoras coa mocidade do municipio e que teñen como obxectivo dar a coñecer o potencial creativo da mocidade boirense. 

A actividade está organizada pola OMIX e vai ter lugar o vindeiro venres 16 de abril ás 20.00 horas no espazo Leñaverde do Centro Social de Boiro. A capacidade está limitada a 30 persoas, polo que se require inscrición previa a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Na xornada van presentar os seus proxectos e realizar unha mesa de debate as persoas promotoras de cinco iniciativas emprendedoras do municipio: 

- Charo Lopes, escritora e fotografa.

- Triángulo de Amor Bizarro, grupo profesional de música alternativa que opera a nivel mundial. 

- Comoxo organics, proxecto de produción primaria no rural. 

- Ola Xon Mario, youtubeiro

- Charlatana, cooperativa galega de artistas 

 

|