Festexos | Romaría de Exipto 2024

A parroquia de Abanqueiro recupera esta fin de semana a súa tradicional Romaría de Exipto cun completo programa de actividades organizado pola Comisión de Festas de Exipto e que conta coa colaboración do Concello de Boiro e que se celebra os días 2, 3 e 4 de agosto. 

 

PROGRAMACIÓN:

Venres 2 de agosto 
20.00h - subida dos santos da Igrexa de Abanqueiro á Capela de Exipto 
21.00h - misa na honra da Virxe de Exipto 
21.15h - espectáculo para todos os públicos: "Máis Saaabor" - Culturactiva
22.30h - concerto de Tobogán 

Sábado 3 de agosto 
11.00h - mercado ecolóxico na contorna da capela de Exipto 
12.00h - misa na honra de San Antonio 
13.00h - sesión vermú amenizada por Cachas&Cousins
13.00h - sardiñada 
19.00h - pachanga Solteiros vs. Casados 
20.00h - verbena con Dúo Charada e Orquestra Estrellamar
01.00h - DJ Mínimo eventos 
03.00h - DL Buenrrollito e Julio Dieste 

Domingo 4 de agosto 
09.00h - misas na honra da Virxe de Exipto (cada hora) 
13.00h - misa na honra da Virxe de Exipto, procesión e grupo de baile de Abanqueiro 
14.00h - sesión vermú con Bafana Bafana
14.15h - pregón 
15.30h - romaría amenizada por Ar de Loureda e Home Orquestra
16.00h - xogos populares 
17.00h - torneo de birlos tradicionais 
19.00h - misa na honra da Virxe de Exipto 
20.30h - peche da romaría con Los Mecánicos e sesión de Curi (Os Fornos) 

Luns 5 de agosto 
20.00h - misa na honra de San Xosé e baixada dos santos

|