XXI Regata Contra Reloxo CRCC | Concello de Boiro

O Concello de Boiro colabora co Club de Remo Cabo de Cruz na organización da XXI Regata Contra Reloxo que terá lugar este sábado 27 de xaneiro no peirao de Cabo de Cruz.

A regata realizarase na modalidade contra reloxo lineal na que van participar os equipos masculinos e femininos das categorías de absolutos e veteranos e tamén de base.

Pola mañá terá lugar a regata das categorías base e veteranas, con saída ás 11.30 horas. Pola tarde terá lugar a competición das categorías absolutas ás 17.00 horas. 

 

Gala do Deporte 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza a Gala do Deporte 2023, un acto para recoñecer publicamente aos deportistas máis destacados do ano 2023 ou tempada 2022/2023. 

A título individual ou colectivo valorarase ter acadado podium en campionatos galegos, como mínimo un 6º posto en campionatos de España, ata un 10º posto en campionatos europeos e ata
un 20º posto en campionatos do mundo.

A título de club será recoñecido conseguir un ascenso de categoría, resultar gañador na correspondente competición ou ter acadado como mínimo un terceiro posto nun Campionato Galego ou un 6º nun campionato de España da modalidade deportiva que sexa.

A Gala do Deporte 2023 do Concello de Boiro terá lugar o venres 19 de xaneiro ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Boiro

 

Campaña da neve 2024 | Deputación da Coruña

Concello de Boiro participa nunha nova edición da Campaña da Neve da Deputación da Coruña, unha actividade destinada a rapaces e rapazas da provincia de entre 11 e 15 anos.

As datas para Boiro serán entre o 2 e o 5 de febreiro e as inscricións para participar estarán abertas ata o 1 de decembro.

As persoas participantes gozarían de catro días na estación invernal de Valgrande-Pajares. O prezo da viaxe será de 85 euros e contará co transporte, a estadía, os monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. Ademais dos cursos de esquí haberá actividades complementarias ou alternativas. 

Publicada a acta do sorteo, que se pode consultar AQUI

 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

A través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro, presentando a ficha de inscrición dispoñible AQUI

Ata o 1 de decembro de 2023

XVIII Carreira Popular Mar de Boiro - 16º memorial a Pepe Buceta | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Deportes, organiza a XVIII edición da carreira popular Mar de Boiro - 16º memorial Pepe Buceta, que terá lugar o vindeiro domingo 3 de decembro de 2023.

A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e forma parte do VI Circuíto de Carreiras de Barbanza Arousa e do IX Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña. 

Consta de tres categorías distintas

Mini e Supermini - 200 metros para idades ata os 7 anos (saída ás 10.40h da rúa Peonil) 
2 saídas: Mini (2016-2017-2018) e Supermini (2019 e posteriores). Saída a 200 metros da liña de meta, ao comezo da rúa peonil. O horario da saída será ás 10:40 h. Os pais poden correr cos cativos da proba Supermini, pero farano ao final do pelotón, para non entorpecer aos cativos máis rápidos. Deste xeito, os inscritos na carreira longa poderán correr cos fillos na carreira Supermini antes da súa proba.

Escolares - 2.500 metros (saída ás 11.05h da rúa Principal) 
Saída 5 minutos despois da categoría absoluta, na rúa Principal, fronte ó edificio do concello. Baixada pola rúa Principal ata o cruce da Avda. Constitución (despois do cruce da Avda. Compostela). Collemos a esquerda pola Avda. Constitución, pasamos a rotonda do cruce ca Avda. Compostela e seguimos subindo toda a Avda. Constitución, pasando a rotonda da ancla e chegando á rotonda do cruce de Abanqueiro. Volta á rotonda, subida ata a rúa Estatuto de Galicia e baixada todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello.

Carreira longa - 10.000 metros para categoría xeral (saída ás 11.00h da rúa Principal) 
Saída na rúa Principal, fronte ao edificio do concello. Baixada pola rúa principal ata o cruce da Avda. Constitución (despois do cruce da Avda. Compostela). Collemos á esquerda pola Avda. Constitución ata a rotonda da Avda. Compostela, torcendo á dereita en dirección a Praia Xardín. Ao final da Avda. Compostela torcemos á esquerda, entrando no paseo marítimo. Percorrido por todo o paseo marítimo ata o final do mesmo, no Saltiño. Sáese á Avda. Barraña e a 50 metros xa se colle o cruce á esquerda para subir pola Pedra da Bouza ata a Rotonda da Sestelo. Séguese pola estrada ata Triñáns e ao final torcemos á esquerda en dirección a Abanqueiro. O percorrido polas estreitas rúas de Triñáns lévanos ata a rotonda do cruce que vai para a praia de Mañóns, torcendo a dereita e dirixíndonos ata esta praia. De Mañóns seguimos a estrada ata o cruce preto da Charca de Abanqueiro. Ao final da Charca, collemos á esquerda para subir toda a recta do campo de fútbol de Abanqueiro ata chegar a Exipto, continuando recto pola estrada que pasa por Brión e, ao pasar San, torcemos á dereita en dirección á Boliña, ata chegar ao cruce ca Avda. Constitución. Aquí collemos á dereita en dirección á rotonda de Espiñeira, onde se fará un cambio de sentido (sen chegar a bordear a rotonda) para volver a baixar pola Avda. Constitución, torcemos á dereita no primeiro cruce para baixar pola rúa Estatuto de Galicia (onde está Correos) todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello.

 

Inscricións abertas ata o xoves 1 d decembro ás 23.59 horas na web de Emesports (www.emesports.es

Día da Bici 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza unha nova edición do Día da Bici que terá lugar o domingo 8 de outubro con saída ás 10.30 horas da Praza de Galicia. 

A actividade ten como finalidade fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte e tamén promover o deporte do ciclismo. 

A actividade está destinada a maiores de 6 anos e non se permite o uso de bicicletas con rodas traseiras de equilibrio. 

 

Máis información e inscricións 

No Departamento de Deportes do Concello de Boiro ata o venres 6 de outubro ás 12.00 horas

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

|