Curso de defensa persoal para mulleres

O Concello de Boiro por medio do Centro de Información a Muller (CIM) organiza un curso de defensa persoal para mulleres.

Información e inscricións no Centro de Información á Muller (CIM) localizado no 2º andar do Concello de Boiro

Telef. 981849960 extensión 1250.

 

defensapersoal

Convocatoria de axudas para a conciliación familiar 2019

A presente convocatoria ten como finalidade axudar economicamente ás familias que por motivos laborais, de formación ou procura activa de emprego e de asistencia sanitaria, precisen contratar os servizos de garderías privadas ou coidados profesionais para que se fagan cargo de menores con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos.

Unha vez a crianza estea escolarizada, esta axuda só se poderá percibir polos servizos contratados para ser prestados fóra do horario escolar .

No caso de que o número de solicitudes supere o orzamento previsto, na percepción desta axuda terán preferencia aquelas familias que contraten servizos de garderías privadas ou coidados profesionais dentro do ámbito municipal.

As axudas consistirán no reembolso do 50% do gasto realizado entre o 1.11.2018 e o 30.09.2019 cun límite máximo de 2.500€ por menor.

Estas axudas serán compatibles con outras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade, sempre e cando a suma das mesmas non supere o 100% do gasto efectivamente realizado. Neste caso, as axudas minoraranse ata ese límite.

|