XIX exposición da Camelia Sasanqua e outras 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra os días 16 e 17 de decembro a XIX exposición da Camelia Sasanqua e outras no Pazo de Goiáns. 

 

 

PROGRAMA 

Sábado 16 de decembro 

17.00h - acto inaugural coa participación da Escola de Música de Boiro 

17.30h - plantación dunha camelia sasanqua na finca de Goiáns 

*exposición aberta ao público de 17.00 a 20.30 horas

Domingo 17 de decembro 

exposición aberta ao público de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. 

Visitas guiadas muíño de Goiáns | Concello de Boiro

Turismo de Boiro organiza durante o verán visitas guiadas aos muíños de Goiáns para coñecer o funcionamento dun muíño de río.

Na zona de Goiáns consérvanse en bo estado tres muíños, dous deles abertos aos visitantes, e neles pódese ver as rodas de pedra que servían para moer o gran e facer fariña.

 

As visitas terán lugar os xoves en horario de 11.00 a 12.00 horas. 

 

Reservas 

Oficina de Turismo de Boiro 

981 84 26 54

Visitas Pazo de Goiáns - Nadal 2022 | Concello de Boiro

Pazo Nadal   O Concello de Boiro abre o Pazo de Goiáns durante o Nadal para poder realizar visitas ao seu interior e xardíns.

   O inmoble estará aberto durante o Nadal os días 28 e 30 de decembro e os días 3 e 5 de xaneiro en horario de 10.00 a 15.00 horas.

   As instalacións estarán abertas con posibilidade de realizar visitas libres ao seu interior e zonas axardinadas. Máis información sobre visitas     guiadas na Oficina de Turismo de Boiro.

Paseate con nós 2023 | Concello de Boiro

Turismo de Boiro desenvolve durante o verám 2023 unha nova edición do programa de visitas guadas "Paséate con nós" para dar a coñecer a cultura da man dos veciños. 

Luns, 11.00h 
Muíño de río - Ponte de Bealo 

Mércores, 12.00h 
Mexillón - Porto de Cabo de Cruz 

Xoves, 16.30h 
Marisqueo - Portomouro

Venres, 12.00h 
Asteleiro - A Ladeira do Chazo

 

Reservas 

Oficina de Turismo de Boiro 

981 84 26 54

 

XVIII Exposición da Camelia Sasanqua e outras | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra os días 17 e 18 de decembro a XVIII edición da Exposición da Camelia Sasanqua e outras, que terá lugar no Pazo de Goiáns. 

A mostra contará con preto de 40 expositores de Galicia e tamén Asturias. Na mostra haberá unha exposición de láminas de Manuel Hermida. 

A exposición comezará o sábado ás 17.00 horas coa plantación dun exemplar de Sasanqua da finca Chazo de Begoña Franco e seguidamente farase unha presentación do proxecto paisaxístico xardíns do Pazo de Goiáns realizado por Rafael Ovalle. 

 

Horario da mostra

Sábado 17 

17.00 a 20.30 horas 

Domingo 18 

11.00 a 14.00 horas 

17.00 a 20.30 horas 

|