Veráns deportivos 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro promobe a XXXI Edición dos Veráns Deportivos, que se desenvolven do 24 de xuño ao 30 de agosto de 2024. 

O prazo de inscrición das actividades abre o vindeiro 17 de xuño

Toda a información AQUI. 

 

  • Actividades para rapazas e rapaces

REMO

Idade: De 8 a 16 anos

Datas: Do 1 de xullo ao 30 de agosto

Lugar: Peirao de Cabo de Cruz

Horarios:

  • Nados entre 2012 e 2015. Martes e xoves de 10:30h a 13:30h
  • Nados entre o 2008 e 2011. Luns a xoves de 11:30h a 13:00h

Inscrición: 90€ (30€ a pagar no Departamento de Deportes do Concello de Boiro e 60€ a pagar no Club de Remo) Licencia federativa e seguro incluído.

 

PIRAGÜISMO

Idade: Maiores de 8 anos

Datas: Do 1 de xullo ao 30 agosto

Lugar: Praia Xardín

Horarios:

  • Grupo 1. 8-10 anos Luns, mércores e venres de 11:30 a 13:00
  • Grupo 2. 14-16 anos Martes e xoves de 11:30 a 13:00. Venres de 10:00 a 11:30
  • Grupo 3. 11-13 anos Martes e Xoves de 10:00 a 13:00 e venres de 11:30 a 13:00

Inscrición: 100€ licenza incluída (30€ a pagar no Dpto. Deportes e 70€ no Club de Piragüismo)

 

VOLEI PRAIA

Idade: Dos 8 aos 16 anos

Datas: Do 1 de xullo ao 30 agosto

Lugar: Área deportiva da praia de Barraña

Horarios:

  • Nados entre o 2012 e 2016. 11:00h a 12:00h
  • Nados entre o 2006 e 2011. 12:00h a 13:00h

Inscrición: 30€. (Pago no Dpto. Deportes)

 

BALONCESTO

Idade: Dos 6 aos 16 anos

Datas: Do 2 de xullo ao 29 agosto

Lugar: Pavillón Santa Baia

Horarios:

  • De 12 a 16 anos.Martes e xoves de 10:00h a 11:30h
  • De 6 a 11 anos. Martes e xoves de 11:30h a 13:00h

Inscrición: 30€. (Pago no Dpto. Deportes)

 

ATLETISMO

Idade: Dos 8 aos 16 anos

Datas: Do 1 de xullo ao 28 agosto

Lugar: Base no Pavillón da Cachada

Horarios: Luns e mércores

  • De 11 a 13 anos. 10:30h a 11:30h
  • De 8 a 10 anos. 11:30h a 12:30h
  • De 14 a 15 anos. 12:30h a 13:30h

Inscrición: 30 euros. (Pago no Dpto. Deportes)

 

TENIS RAPACES

Idade: De 8 a 16 anos

Datas: Do 2 de xullo ao 29 agosto

Lugar: Pista de tenis Av. Constitución

Horarios: Martes e xoves

  • De 8 a 11 anos. 10:00h a 11:00h Nivel 1 (2 grupos)
  • De 12 a 16 anos. 11:00h a 12:00h Nivel 2 (1 grupo)
  • De 12 a 16 anos. 12:00h a 13:00h Nivel 3 (1 grupo)

Inscrición: 30 euros. (Pago no Dpto. Deportes)

 

INICIACIÓN AO TAEKWONDO

Idade: De 3 a 10 anos

Datas: Do 2 de xullo ao 29 agosto

Lugar: Ximnasio Costado Taekwondo Boiro

Horarios: Martes e xoves

  • De 11:10h a 12:00h
  • De 12:10h a 13:00h

Inscrición: 40€ . Licencia federativa e seguro incluído. (Pago no ximnasio Costado Taekwondo Boiro)

 

VELA. ESCOLA NÁUTICA DE BOIRO

Idade: De 8 a 16 anos

Datas: Do 25 de xuño ao 30 agosto

Lugar: Marina de Cabo de Cruz

Horarios: De luns a venres

  • De 10:00h a 13:30h
  • De 15:30h a 19:00h

Inscrición:

  • Empadroados no Concello de Boiro: 46€/semana
  • 76€/semana

Licenza federativa e seguro incluído. (Pago na Escola Náutica de Boiro)

 

VELA. COLABORACIÓN CO CLUB NÁUTICO DEPORTIVO BARRAÑA

Idade: A partir dos 7 anos e que sepan nadar

Datas: Do 24 de xuño ao 30 agosto

Lugar: Peirao de Escarabote.

Horarios:

  • De 10:00h a 14:00h
  • De 15:00h a 19:00h

Inscrición: (inclúe licenza federativa)

  • Socios. 56€
  • Non socios. 66€

Pago no Club Náutico Deportivo Barraña

 

  • Actividades para adultos

TENIS

Idade: Maiores de 16 anos

Datas: Do 2 de xullo ao 29 agosto

Lugar: Pavillón de Barraña

Horarios:

  • Iniciación (Nivel 1) Martes e xoves de 21:30h a 22:30h
  • Perfeccionamento (Nivel 2) Martes e Xoves 20:30h a 21:30h

Inscrición: 40 euros (Pago no Dpto. Deportes)

 

XIMNASIA PARA XUBILADOS

Idade: Xubilados

Datas: Do 1 de xullo ao 30 agosto

Lugar: Pavillón de Barraña

Horarios: Luns, mércores e venres de 10:00h a 11:00h

Inscrición: Gratuíta

 

PROXECTO BOIRO ACTÍVATE

Idade: Persoas con doenzas especiais

Datas: Do 1 de xullo ao 30 agosto

Lugar: Pavillón de Barraña

Horarios: Luns, mércores e venres de 11:00h a 12:00h

Inscrición: Gratuíta

 

VELA. COLABORACIÓN CO CLUB NÁUTICO DEPORTIVO BARRAÑA

Datas: 20 cursos a desenvolver entre o 24 de xuño e o 30 de agosto

Lugar: Peirao de Escarabote

Horarios:

  • Curso de mañá. De 10:00h a 14:00h
  • Curso de tarde. De 15:00h a 19:00h

Inscrición: 76 euros (inclúe licenza federativa) O pago realízase no Club Náutico Deportivo Barraña

 

VELA. O CHAZO. DIRIXE CINA

Idade: Maiores de 18 anos

Datas: Do 4 de xullo ao 27 agosto

Lugar: Base no Chazo, nas instalcións náuticas do CINA

Horarios: De 10:00h a 20:00 h

Inscrición: 74 euros. O pago faise na CINA

Nota: Cursos impartidos por técnicos do CINA

 

  • Competicións deportivas

V CAMPUS DEPORTIVO "RUFINO REGUEIRA" NATACIÓN E TRIATLÓN

Idade: Nados do 2009 ao 2017

Datas: Do 1 de xullo ao 30 agosto

Lugar: As Colonias (Praia Xardín)

Horario: Luns a venres de 10:00h a 13:30h

Organiza: Club Natación Boiro

Inscrición: 240€ (Socios) 270€ (Non Socios)

 

XII CAMPUS DE BALONCESTO OBRADOIRO

Idade: Dos 6 aos 18 anos

Datas: Do 24 de xuño ao 28 xuño

Lugar: Pavillóns de Santa Baia, Praia Xardín, Cachada e Barraña

Horario: De 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h

Organiza: Obradoiro C.A.B S.A.D

 

CAMPUS VOLEI PRAIA

Datas: Datas por determinar

Lugar: Área deportiva da praia de Barraña

Horario: De 10:00h a 13:00h e de 16:30h a 19:30h

Organiza: Club Voleibol Cabo de Cuz

 

TORNEO INTERNACIONAL DE RUGBY PRAIA

Datas: 13 de xullo, a partir das 10:00h

Lugar: Área deportiva da praia de Barraña

Organiza: Barbanza Rugby Club

 

CAMPUS DE FÚTBOL RCD LA CORUÑA

Data: Do 15 ao 19 de xullo de 10:00h a 14:00h

Idade: Dos 6 aos 14 anos

Lugar: Campo de fútbol de Valiño

Organiza: RCD La Coruña

 

MARATÓN FÚTBOL SALA

Data: 12, 13, 14, 19, 20 e 21 de xulo

Lugar: Pavillón Municipal de Barraña

Organiza: A.D.B.F.S

 

VI TRAVESÍA A NADO ILLA DE BENSA

Idades: A partir dos 8 anos

Data: 24 de agosto

Lugar: Praia de Carragueiros

Organiza: Club Natación Boiro

 

COPA DE FÚTBOL VETERANOS

Data: Sábados en agosto

Lugar: Campos de fútbol de Vista Alegre

Organiza: Concello de Boiro

 

TRAIÑEIRAS. PROBA LIGA ACT

Data: 21 de xullo a partir das 11:00h

Lugar: Peirao de Cabo de Cruz

Organiza: Club Remo Cabo de Cruz

 

I TORNEO 3X3 BALONCESTO

Data: 3 e 4 agosto

Lugar: Pistas da Boqueira de A Negral

Organiza: Club de Baloncesto Santa Baia

 

981 84 84 25

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

www.boiro.gal

Departamento de Deportes. Casa da Cultura "RML"

Av. Constitución, 30

15930

 

DeporCampus 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro colabora coa Escola de Fútbol Municipal de Boiro na celebración do Depor Campus que organiza a Fundación Deportivo e que se celebrará do 15 ao 19 de xullo nas instalacións municipais de Valiño.

A actividade está dirixida a rapaces e rapazas de 6 a 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas. O obxectivo desta actividade é aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos; aprender habilidades e conceptos na relación co corpo e o balón; traballar fundamentos técnico-tácticos, partidos e competicións.

As inscricións xa están abertas e poden facerse a través da web ata o 9 de xullo ás 14:00 horas.

O prezo de inscrición é de 125 euros ou 105 para xogadores da EFM Boiro ou outros supostos.

 

 

 

XI Campus Obradoiro Jealsa | Concello de Boiro

O Concello de Boiro colabora coa XI edición do Campus Obradoiro Jealsa que se vai desenvolver entre o 24 e o 28 de xuño en Boiro, nos pavillóns de Barraña, A Cachada, Santa Baia e Praia Xardín. 

O campus está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 18 anos, divididos nas seguintes categorías, con aprendizaxe e tecnificación. 

 

Prezos

Campus: 150 euros 

Campus + comida: 220 euros 

Campus + comida + transporte: 260 euros 

 

Inscricións 

Enviando a ficha de inscrición e o xustificante bancario de abono da matrícula a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

Fichas de inscrición dispoñibles aqui

 

Máis información

obradoirocab.com

690 618 872

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

 

Sábado 29 de xuño | Torneo solidario interparroquial

06 29 torneo asanogO Concello de Boiro colabora co II Torneo Solidario Interparroquial que terá lugar o 29 de xuño ás 17:00h no campo de fútbol municipal de Vista Alegre en beneficio da Asociación Galega de Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).

O torneo constará de 8 equipos, un por cada parroquia.

 

A recadación de fondos irá desinada ao apoio dos distintos servizos que desenvolve a entidade. Para colaborar podense mercar rifas para os sorteos que se realizarán durante o desenvolvemento do encontro e facer doazóns nas huchas dos establecementos hostaleiros de Boiro. 

Campamento verán Deputación da Coruña 2024

O Concello de Boiro participa, un ano máis, nos campamentos deportivos de verán da Deputación da Coruña. A actividade está destinada a rapaces e rapazas empadroados nacidos entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro de 2015.

Nesta ocasión correspóndenos 4 prazas na 1ª quenda, que se vai desenvolver entre o 23 e o 28 de xuño. O campamento vaise desenvolver na Coruña, no IES Rosalía Mera, e o prezo da inscrición será de 85 euros. As persoas participantes desfrutarán dun amplo programa de actividades como deporte naútico, actividades ao aire libre, xornada de praia, actividades no centro, visitas culturais, deportivas e etnográficas.

As inscricións para participar están abertas ata o 28 de maio e deberán facerse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro, para o que deben enviar a ficha de inscrición debidamente asinada e cuberta. Entre os días 29 e 31 de maio realizarase o sorteo das prazas, para o que terán prioridade aqueles rapaces e rapazas que nunca asistiran a campamentos de verán da Deputación.

INSCRICIÓN:

  • Fotocopia do DNI
  • Copia do pago das taxas
  • De ser o caso: informe médico de doenzas ou cuestións relativas a alerxias ou outras de saúde a ter en conta

 

MÁIS INFORMACIÓN 

Dep. de Deportes do Concello de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 84 84 25 

|