25N 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia conta as Mulleres baixo o lema “Un momento en movemento” para facer unha chamada á implicación permanente de toda a sociedade fronte ás violencias machistas.

O acto central terá lugar o mércores 25 de novembro ás 12.00 horas na Casa Consistorial, que se complementa coas distintas actividades que se desenvolven durante todo o mes. 

Este acto vai combinar a lectura dun manifesto colectivo con tres voces de distintas xeracións e experiencias. Participarán na lectura do manifesto o alumnado de educación secundaria, mulleres adultas do Centro de Día e unha persoa que viviu a violencia de xénero en primeira persoa. Estará acompañado pola actuación da pianista Elsa Muñiz, que interpretará distintas pezas para piano nunha proposta que combinará microrelatos e caligramas. Unha experiencia que pretende conectar coa sensibilidade das persoas asistentes e trasladar unha mensaxe de esperanza, fortaleza e capacidade de reconstruírse. 

O lema deste ano “25N. Un momento en movemento” busca transmitir que a loita conta as violencias machistas non se pode limitar a unha data concreta, senón que require dunha revisión constante, unha actitude activa e un compromiso permanente por parte do conxunto da sociedade.

Así mesmo, o Concello de Boiro está adherido á campaña DE FRONTE, impulsada pola Deputación da Coruña, e que este ano pon o foco no sistema proinstitucional e nas desigualdades sociais, económicas e culturais que o sosteñen. Unha realidade atravesada pola desigualdade de xénero, a pobreza, o racismo, a precariedade e outras formas de discriminación que afectan especialmente ás mulleres migrantes, racializadas e trans.

Programa completo de actividades do CIM 

 

Programación do Centro de Información á Muller outono 2026 | Concello de Boiro

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Boiro promove actividades formativas e lúdicas pensadas para a muller que se van desenvolver nos meses de outono.

23 e 30 de outubro e 6 de novembro, 17.00 a 19.30h - Centro Social de Abanqueiro | "As mareas emocionais" - Xestión emocional para coidar a mente, a autoestima e a imaxe corporal 

7 de novembro, 9.30 a 13.30h - Pavillón de Barraña | "Mulleres seguras" - Obradoiro de defensa persoal 

13 de novembro, 17.00 e 18.00h - Centro Social de Abanqueiro | "Fortaleza en movemento" - Taller práctico de forza para mulleres 

20 de novembro, 17.00 a 19.30h - Centro Social de Abanqueiro | "Alimentación e benestar hormonal" - Alimentación nos ciclos vitai, suplementación e disruptores endócrinos 

12 de novembro, 16.30h - Centro Social de Abanqueiro | "As tolas que non o eran" coloquio-presentación do libro de Carmen V. Valiña

21 de novembro, 20.00h - Centro Social de Abanqueiro | "As formas do amor" - representación teatral 

 

Máis información e inscricións

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

669 582 674

Muller e Saúde outubro e novembro 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro continúa co programa Muller e Saúde con novas propostas para os meses de outubro e novembro de 2025, actividades gratuítas destinadas a informar e formar en materia de saúde en asuntos que afectan ao benestar físico e emocional da muller. 

Sábado 18 de outubro, 9.30 a 13.30 horas – Pavillón de Barraña: Obradoiro de Autodefensa

Mércores 5 de novembro, 16 a 20 horas – Centro Social de Abanqueiro: Alimentación e benestar feminino

Mércores 12 de novembro, 16.30 a 19.30 horas – Centro Social de Abanqueiro: Saúde Mental e emocional: ferramentas para o día a día

Mércores 12 e venres 14 de novemebro, 9 a 15 horas - Concello de Boiro: Afrontamento para o crecemento persoal

Xoves 20 de novembro, 16.30 a 19.30 horas - Aula CeMIT do Centro Social de Boiro: Tecnoloxía e saúde: apps e novas ferramentas  

 

Inscrcións e información 

Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

669 582 674

Axudas para a mellora da accesibilidad e autonomía de persoas no fogar | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca axudas sociais extraordinarias, financiadas mediante o POS+ adicional da Deputación da Coruña, para facilitar que persoas e unidades de convivencia con escasos recursos poidan realizar actuacións que melloren a accesibiliade e autonomía persoal no fogar, así como apoiar servizos de respiro familiar e conciliación. 

O BOP núm. 128 do 9 de xullo de 2026 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar AQUI. 

A convocatoria divídese en tres liñas: 

Liña 1. Axudas económicas para a realización de pequenas reparacións ou reformas na vivienda relacionadas coa accesibilidade. 

Liña 2. Adaptación funcional da vivienda para persoas en situación de dependencia.

Liña 3. Servizos de respiro familiar e conciliación da vida laboral e familiar. 

 

As axudas poden cubrir ata o 100% do gasto subvencionable cos seguintes máximos: 

- Pequenas obras de accesibilidade (Liña 1.b): ata 1.800 euros.

- Adaptación funcional do fogar (Liña 2): ata 1.800 euros.

- Servizos de respiro familiar e conciliación (Liña 3): ata 1.100 euros.

 

Actuacións subvencionables

- Substitución dunha bañeira por un prato de ducha accesible.

- Instalación de barras de apoio no baño ou noutras estancias.

- Colocación de pasamáns en corredores ou escaleiras.

- Eliminación de chanzos mediante pequenas ramplas.

- Ensanche de portas para facilitar o paso dunha cadeira de rodas.

- Adaptación do baño para persoas con mobilidade reducida.

- Melloras que permitan un acceso máis seguro á vivenda.

- Pequenas obras destinadas a eliminar barreiras arquitectónicas.

- Substitución de chans, por outros antiesbarazidos.

- Outras medidas físicas ou tecnolóxicas.

 

Prazos

Presentación de solicitudes: ata o 15 de outubro de 2026 ou ata que se esgote o

crédito dispoñible.

Xustificación dos gastos: antes do 6 de novembro de 2026

 

Máis información 

Departamento de Política Social do Concello de Boiro (2º andas da Casa Consistorial do Concello de Boiro) 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

Muller e Saúde marzo e abril | Concello de Boiro

O Concello de Boiro continúa co programa Muller e Saúde con novas propostas para os meses de marzo e abril, ctividades gratuítas destinadas a informar e formar en materia de saúde en asuntos que afectan ao benestar físico e emocional da muller. 

Venres 14 de marzo, 16 a 20 horas – Centro Social de Abanqueiro: Recursos básicos para a xestión emocional

Venres 21 de marzo, 16 a 20 horas – Centro Social de Abanqueiro: Estilos de vida saudables - mindfullness

Venres 28 de marzo, 16 a 20 horas – Centro Social de Abanqueiro: Xardinería terapéutica

Sábados 5, 12 e 26 e abril, 11 a 12 horas - Centro Social de Abanqueiro: Adestramento de solo pelviano 

Sábado 21 de xuño, 10.00 horas - Adestramento en autodefensa 

 

 

Inscrcións e información 

Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

669 582 674

|