Bolsas a estudantes 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas para o alumnado matriculado en centos públicos, destinadas a persoas maiore de 21 anos que non están cubertas pola Tarxeta Xente Nova da Xunta de Galicia. 

O BOP núm. 88 do 10 de maio publica o anuncio da convocatoria. Bases dispoñibles AQUI

Publicado anuncio de aprobación provisional de concesión das bolsas (12/07/2022), que pode consultarse aqui

Publicada a concesión definitiva das bolsas (02/08/2022), que pode consultarse aqui

 

Liña 1. Estudos postobrigatorios cursados fóra do termo municipal do Concello de Boiro.

Liña 2. Estudos postobrigatorios cursados dentro do termo municipal do Concello de Boiro. 

 

Solicitude

O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación no BOP (10/05/2022). 

A solicitude debe facerse a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou da sede elctrónica. 

 

Documentación 

- Anexo I. Solicitude

- DNI da persoa solicitante 

- Certificado ou volante de empadronamento da unidade familiar no Concello de Boiro, no que conste unha anigüedade mínima da persoa solicitante de 2 anos. 

- Certificación da conta bancaria

- Copia da matrícula 

- Copia do contrato de alugueiro ou certificado de aloxamento en residencia universitaria.

- Documentación que acredite: 

  • A nota media do expediente académico
  • A porcentaxe das sinaturas ou créditos matriculados en convocatoria ordinaria ou extraordinaria superados no curso anterior, ou no caso de ser o primeiro ano a puntuación da nota ou proba de acceso. 

- Certificación, no seu caso, de discapacidade

- Certificación de desemprego das persoas titoras

- Outra documentación que estime oportuna 

 

Máis información 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

 

 

 

 

|