I Feira Agroforestal | Concello de Boiro
O Concello de Boiro, coa colaboración do alumnado do Obradoiro de Emprego en xestión forestal, organiza a I Feira Agroforestal que terá lugar o vindeiro venres 12 e sábado 13 de maio no Pazo de Goiáns.
Os obxectivos desta proposta son promover o traballo realizado polo alumnado na contorna do Pazo, promover o comercio local e poñer en contacto a distintos sectores vinculados co eido forestal.
Durante as dúas xornadas haberá en Goiáns exposición de maquinaria, presentacións de novidades de marcas comerciais, un simulador forestal, postos con información sobre Obradoiros de Emprego ou ciclos formativos no eido forestal, actividades culturais para a rapazada, talleres e outras actividades.
PROGRAMA
Venres 12 de maio
9.00 a 15.00h - exhibición de poda en altura
Impartido por: Emilio Saboridom Técnico Forestal do Obradoiro de Emprego e Presidente da CMVMC de O Fieitoso de Taragoña.
9.30 a 10.30h - obradoiro de cultivo de seta shiitake
Impartido por: Ovidio Queiruga, Presidente da Comunidade de Montes de Baroña.
10.30 a 11.30h - demostración de extración da resina
Impartido por: Ovidio Queiruga, Presidente da Comunidade de Montes de Baroña.
12.00 a 13.00h - taller de apicultura
Impartido por: Fernando Cores, Delegado da Asociación Galega de Apicultura da Zona Barbanza - Salnés e Apicultor, Empresario Abellamel
17.00 a 18.30h - percorrido guiado pola finca do Pazo
Impartido por: Emilio Saboridom Técnico Forestal do Obradoiro de Emprego e Presidente da CMVMC de O Fieitoso de Taragoña.
19.00 a 20.15h - Información e debate: O CO2 como novo activo forestal. Certificacións forestais"
Presentador e moderador: Ramón Caamaño, Enxeñeiro Forestal e Docente do Obradoiro de Emprego.
Poñente: Daniel Rodríguez Cebreiro, Responsable Económico da Asociación Forestal de Galicia (AFG).
Sábado 13 de maio
10.30 a 11.30h - taller de poda
Impartido por: Emilio Saboridom Técnico Forestal do Obradoiro de Emprego e Presidente da CMVMC de O Fieitoso de Taragoña.
12.00 a 13.00h - taller de apicultura
Impartido por: Fernando Cores, Delegado da Asociación Galega de Apicultura da Zona Barbanza - Salnés e Apicultor, Empresario Abellamel
16.30 a 17.45h - percorrido guiado pola finca do Pazo
Impartido por: Emilio Saboridom Técnico Forestal do Obradoiro de Emprego e Presidente da CMVMC de O Fieitoso de Taragoña.
18.00 a 19.00h - demostración de extración de resina
Impartido por: Ovidio Queiruga, Presidente da Comunidade de Montes de Baroña.
19.00 a 20.15h - mesa redonda: posibles aproveitamentos forestais para CMVMC.
Presentador e moderador: Adrián Capelo, Fundación RIA
Poñentes:
- Emilio Saborido, presidente da CMVMC de O Fieitoso de Taragoña (Rianxo)
- Lucía Saborido, presidenta da CMVMC do Araño (Rianxo)
- Rafael Saco, presidente da Plataforma pola Defensa do Monte de Rianxo
- Ovidio Queiruga, presidente da CMVMC Barbanza, Enxa, Xián, Dordo, Costa de Abaixo e O Sobrado (Baroña, Porto do Son)