XX carreira popular Mar de Boiro. 18º memorial a Pepe Buceta | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro 7 de decembro a XX edición da carreira popular Mar de Boiro. 18º memorial Pepe Buceta. 

A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e forma parte do VIII Circuíto de Carreiras de Barbanza Arousa e do XI Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña. 

 

Consta de tres categorías distintas

Mini e Supermini - 200 metros para idades ata os 7 anos (saída ás 10.40h da rúa Peonil) 
2 saídas: Mini (2016-2017-2018) e Supermini (2019 e posteriores). Saída a 200 metros da liña de meta, ao comezo da rúa peonil. O horario da saída será ás 10:40h. Os pais poden correr cos cativos da proba Supermini, pero farano ao final do pelotón, para non entorpecer aos cativos máis rápidos. Deste xeito, os inscritos na carreira longa poderán correr cos fillos na carreira Supermini antes da súa proba.

Escolares - 2.500 metros (saída ás 11.05h da rúa Principal) 
Saída 5 minutos despois da categoría absoluta, na rúa Principal, fronte ó edificio do concello. Baixada pola rúa Principal ata o cruce da Avda. Constitución (despois do cruce da Avda. Compostela). Collemos a esquerda pola Avda. Constitución, pasamos a rotonda do cruce ca Avda. Compostela e seguimos subindo toda a Avda. Constitución, pasando a rotonda da ancla e chegando á rotonda do cruce de Abanqueiro. Volta á rotonda, subida ata a rúa Estatuto de Galicia e baixada todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello.

Carreira longa - 10.000 metros para categoría xeral (saída ás 11.00h da rúa Principal) 
Saída na rúa Principal, fronte ao edificio do concello. Baixada pola rúa principal ata o cruce da Avda. Constitución (despois do cruce da Avda. Compostela). Collemos á esquerda pola Avda. Constitución ata a rotonda da Avda. Compostela, torcendo á dereita en dirección a Praia Xardín. Ao final da Avda. Compostela torcemos á esquerda, entrando no paseo marítimo. Percorrido por todo o paseo marítimo ata o final do mesmo, no Saltiño. Sáese á Avda. Barraña e a 50 metros xa se colle o cruce á esquerda para subir pola Pedra da Bouza ata a Rotonda da Sestelo. Séguese pola estrada ata Triñáns e ao final torcemos á esquerda en dirección a Abanqueiro. O percorrido polas estreitas rúas de Triñáns lévanos ata a rotonda do cruce que vai para a praia de Mañóns, torcendo a dereita e dirixíndonos ata esta praia. De Mañóns seguimos a estrada ata o cruce preto da Charca de Abanqueiro. Ao final da Charca, collemos á esquerda para subir toda a recta do campo de fútbol de Abanqueiro ata chegar a Exipto, continuando recto pola estrada que pasa por Brión e, ao pasar San, torcemos á dereita en dirección á Boliña, ata chegar ao cruce ca Avda. Constitución. Aquí collemos á dereita en dirección á rotonda de Espiñeira, onde se fará un cambio de sentido (sen chegar a bordear a rotonda) para volver a baixar pola Avda. Constitución, torcemos á dereita no primeiro cruce para baixar pola rúa Estatuto de Galicia (onde está Correos) todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello.

 

Inscricións abertas ata o xoves 4 de decembro ás 23.59 horas emesports.es

Subvencións a clubs e entidades deportivas federadas | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca unha liña de subvencións para clubs e entidades deportivas federadas do municipio cun importe total de 63.050 euros co obxectivo de apoiar ás entidades deportivas sen fins de lucro na súa participación en ligas ou competicións oficiais. 

Estas subvencións están destinadas a financiar os gastos federativos; de seguros, salarios e seguridade social; gastos de xestión; gastos publicitarios e de comunicación; gastos en vestimenta e lavandería; formación; ximnasio, fisioterapia e farmacia; material de oficina; gastos derivados de desprazamentos, hospedaxes, aloxamentos e manutencións; arbitraxes; premios, trofeos e agasallos; ou equipamento deportivo.

O BOP núm. 196 do martes 14 de outubro de 2025 publica a convocatoria. 

As bases poden descargarse AQUI

 

Requisitos

- Club ou entidade deportiva federada con razón social no municipio de Boiro que participe en competición oficial estable. 

- Carecer de fins de lucro. 

- Estar inscrito no Rexistro de Entidades do Concello de Boiro. 

- Estar inscrito no Rexistro de Asociacións Deportivas da Xunta. 

- Non incurrir en algún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a recepción de axudas ou subvencións públicas. 

- Ter certificado dixital ou DNI electrónico. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende o 14/10/2025 e durante un prazo de 10 días hábiles. 

As solicitudes deben presentarse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

 

Máis información

Departamento de Deportes (Edificio As Colonias de Praia Xardin) 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Bolsas a deportistas federados 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas para deportistas federados do municipio de Boiro. 

BOP núm. 179 do 19 de setembro de 2025 publica as bases da convocatoria que se poden descargar AQUI

Publicada a relación provisional das bolsas a deportistas federados (05/11/2025), que se poden consultar aqui

Publicada a resolución de alegacións e relación definitiva das bolsas a deportistas federados (03/12/2025), que se poden consultar aqui

 

Requisitos 

- Estar empadroado/a en Boiro. 

- Ter entre 9 e 23 anos a data do 31 de decembro de 2024.

- Dispoñer de licencia federativa en vigor no momento da presente convocatoria. 

- Ter participado na tempada precedente nalgún dos seguintes eventos: 

· campeonatos oficiais galegos, españois ou de nivel superior. 

· convocatorias das seleccións galega e española. 

· probas oficiais de nivel competitivo igual ou superior aos campeonatos galegos. 

· campeonatos oficiais absolutos de liga de 1ª, 2ª e 3ª categoría de cada especialidade. 

- Non sufrir sanción nin descalificación por comportamento antideportivo ao longo da tempada. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende o 22/09/2025 e durante un período de 10 días hábiles. 

As solicitudes deben presentarse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

 

Máis información

Departamento de Deportes (Edif. das Colonias de Praia Xardin) 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Escolas Deportivas Municipais 2025/2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro promove unha nova edición das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2025/2026 que promove o departamento de Deportes. 

 

Información e inscricións

Departamento de Deportes - Edificio As Colonias (Praia Xardin)

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

679 712 621 e 660 182 443

 

PROGRAMA DEPORTIVO PERSOAS ADULTAS 

  • Ximnasia para persoas xubiladas

Barraña 1. luns, mércores, venres (16:00-16:50h)

Pavillón de Barraña.

Barraña 2. luns, mércores, venres (16:50-17:40h)

Pavillón de Barraña.

Escarabote. luns, mércores, venres (18:00-18:50h)

Pavillón de Escarabote.

Comezo: 1 de outubro

Inscrición: gratuíta

 

  • Proxecto "Boiro actívate"

(Para persoas con patoloxías ou doenzas moi específicas)

Horario: Luns, mércores e venres (11:00-12:00h)

Lugar: Pavillón da Cachada

Comezo: 1 de outubro

Inscrición: gratuíta

 

  • Mantemento físico 

(para persoas de 18 a 60 anos) 

Horario: luns e xoves (21.00 a 22.00h)

Lugar: pavillón de Barraña 

Comezo: 2 de outubro 

Inscrición: 70 euros/curso (30 euros outubro / 40 euros xaneiro) 

 

  •  Tenis

Grupo 1. Mércores e venres (21:00-22:00h)

Pavillón de Escarabote. Comezo: 1 de outubro

Grupo 2. Martes e xoves (21:00-22:00h)

Pavillón de Valiño. Comezo: 2 de outubro

Grupo 3. Martes e xoves (20:00-21:00h)

Pavillón de Valiño. Comezo: 2 de outubro

Grupo 4. Martes e xoves (22:00-23:00h)

Pavillón de Valiño. Comezo: 2 de outubro

Inscrición: 70 Euros/curso (30 euros outubro / 40 euros xaneiro) 

  • Voleibol para adultos (iniciación)

(maiores de idade) 

Lugar: pavillón da Cachada

Horario: martes e xoves (21.00 - 22.00h)

Comezo: 4 de setembro

Inscrición: 15 euros/mes (club de Volei)

 

PROGRAMA DEPORTIVO INFANTIL E XUVENIL 

  • Programa de mellora da motrocidade

Educación Física de Base 1 (3/4 anos)

Martes e xoves (17:15-18:05h). Pavillón de Barraña Comezo: 2 de outubro.

Educación Física de Base 2 (5/6 anos)

Martes e xoves (18:05-18:55 h). Pavillón de Barraña Comezo: 2 de outubro.

Inscrición: 50 euros/curso (20 euros outubro / 30 euros xaneiro)

  • Tenis

Idades: maiores de 8 anos

Grupo 1. Luns (17:30-18:30h) Pavillón de Praia Xardín e mércores (17:30-18:30h) Pavillón de Valiño. Comezo: 1 de outubro

Grupo 2. Luns (18:30-19:30h) e venres (17:30-18:30h) Pavillón de Praia Xardín. Comezo: 3 de outubro

Grupo 3. Luns e venres (16:30-17:30h) Pavillón de Praia Xardín. Comezo: 3 de outubro

Grupo 4. Mércores e venres (19:00-20:00h) Pavillón de Escarabote. Comezo: 1 de outubro

Grupo 5. Mércores e venres (19:30-20:30h) Pavillón de Escarabote. Comezo: 1 de outubro

Inscrición: 50 Euros/curso (20 euros outubro / 30 euros xaneiro). 

 

  • Ciclismo

Dos 5 aos 16 anos.

Horario: Mércores sesión teórico-práctica (19:00-20:00h) e sábados sesións prácticas 11:00-13:00h).

Lugar: Pavillón de Praia Xardín

Comezo: 1 de outubro

Inscrición: pago licenza federativa

 

  • Atletismo

Idades: maiores de 6 anos

Lugar: Ximnasio do I.E.S. da Cachada e exteriores.

Horario: martes e xoves, das 17:00 ás 18:00h (grupo 6 a 8 anos); das 18:00 ás 19:00h (grupo 9 a 11 anos) e das 19:00 ás 20:00h (grupo 12 a 14 anos).

Comezo: 2 de outubro

Inscrición: 50 euros curso (20 euros outubro / 30 euros xaneiro). 

 

  • Programa de promoción do voleibol

Luns a venres nos centros de ensino (CEIP) de Boiro. 

Comezo: 1 de outubro. Inscrición: gratuíta

 

  • Voleibol

Idades: maiores de 7 anos

Lugar: pavillón da Cachada

Horario: consultar segundo sexa masculino ou feminino e ano de nacemento.

Comezo: 1 de outubro

Inscrición: consultar segundo categoría

  • Xadrez

Iniciación e perfeccionamento (maiores de 7 anos)

Horario: (iniciación) mércores, das 18:00 ás 19:00h e (perfeccionamento) mércores das 19:00 ás 20:00h.

Lugar: Centro Social de Boiro

Comezo: 1 de outubro. 

Inscrición: 50 euros curso (20 euros outubro / 30 euros xaneiro) 

 

  •  Remo

A partir dos 11 anos. Requisito: saber nadar.

Horarios: Consultar segundo categoría 

Lugar: Peirao de Cabo de Cruz.

Comezo: 1 de outubro

Inscrición: pago licenza federativa

 

  • PIiragüismo

A partir dos 8 anos. Requisito: saber nadar.

Horarios: Consultar horarios categoría

Lugar: Praia Xardín.  

Comezo: 1 de outubro

Inscrición: pago licenza federativa

 

  •  Baloncesto

Maiores de 6 anos. Preminibasket, minibasket, infantil, cadete e xuvenil

Horarios: Consultar horarios, segundo categoría

Comezo: 1 de outubro

Inscrición: consultar segundo categoría

 

  • Escola deportiva de triatlón

Maiores de 8 anos

Horario: martes e xoves, das 18:00 ás 20:00h

Comezo: 2 de outubro

Inscrición: cota mensual segundo nivel.

 

  • Escola deportiva de natación

Maiores de 8 anos

De luns a sábado

Consultar horarios segundo a idade

Comezo: 1 de outubro

Inscrición: cota mensual segundo nivel.

 

  • Golf

6-16 anos

Sábados, 11-14 h ou 16-19 h.

Lugar: Campo Golf de Macenda

Comezo: 4 de outubro.

 

  • Vela. Escola Náutica de Boiro

8-16 anos

Sábados e domingos, das 10 ás 14 h.

Lugar: Marina de Cabo de Cruz

Comezo: 4 de outubro.

 

  • Patinaxe artístico

A partires dos 4 anos

Consultar horarios segundo idade/nivel

Lugar: Pavillóns Praia Xardín e Bealo

 

Descargas:
Download this file (EDM 2025-2026.pdf)EDM 2025-2026.pdf

Depor Campus 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro colabora coa Escola de Fútbol Municipal de Boiro na celebración dunha nova edición do Depor Campus, que terá lugar nas instalacións municipais de Valiño entre o 14 e o 18 de xullo.

A actividade está dirixida a rapaces e rapazas de 6 a 14 anos e vaise desenvolver en horario de 10.00 a 14.00 horas.

As inscricións están abertas ata o día 7 de xullo e poden formalizarse na páxina web www.deporcampus.rcdeportivo.es

|