Concurso de disfraces e carrozas - Entroido 2022 | Concello de Boiro

A concellería de Cultura do Concello de Boiro convoca unha nova edición do tradicional concurso de disfraces e carrozas de Entroido para o ano 2022.

O BOP núm. 32 do mércores 16 de febreiro de 2022 publica as bases do concurso. 

O concurso terá lugar o vindeiro martes día 1 de marzo ás 18.00 horas na Praza de Galicia. Percorrerá as rúas de Boiro e rematará no mesmo lugar para a entrega de premios. 

 

Participantes

Poderán inscribirse todas as asociacións, comunidades, grupos culturais, festeiros, veciñais... 

Todas as persoas participantes deben formar parte do desfile, que comezará ás 18.00 horas. 

As modalidades do concurso son: 

- Individual/ parella: maiores de 13 anos

- Grupos: mínimo tres participantes maiores de 13 anos 

- Carrozas: mínimo catro persoas e con aparello móbil conformado por unha ou varias plataformas

 

Inscricións

Ata o venrs 25 de febreiro ás 13.00 horas no Centro Social de Escarabote, o teléfono 981 84 99 50 ou o enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

No mesmo día do desfile entre as 16.30 e as 17.30 horas na Praza de Galicia 

 

Documentación a presentar

- Instancia (incluída nas bases como ANEXO I e que se pode descargar nesta páxina) 

- Declaración responsable de non estar afectado/a por supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas 

 

|