Festa despedida do verán | 25 e 26 de agosto
O Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresarios organizan os días 25 e 26 de agosto unha festa con actividades culturais e descontos nos comercios con motivo do remate do verán e do período de rebaixas.
Os comercios asociados á ABE, que estarán sinalizados, ofrecerán produtos a prezos de liquidación durante a fin de semana e repartirán aos clientes 2.000 bolsas de algodón. Ademais, co rexistro dos tíckets das compras feitas durante a fin de semana sortearanse 1 carro da compra e 50 euros en bonos ABE.
PROGRAMACIÓN:
Venres 25 de agosto
12.00 a 14.00h, Praza de Galicia – festa infantil con inchables e toro mecánico
18.30 a 20.30h, Praza de Galicia – festa infantil con inchables e toro mecánico
20.30h, rúas de Boiro – animación de rúas: “Animacreques”, Catropés
Sábado 26 de agosto
11.30h, Praza de Galicia – espectáculo infantil: “Sintriz”, Lila Star
13.00h, Parque da Cachada – Paisaxes Sonoras: “Leilía”
14.00h, Parque da Cachada – actuación musical Blackstereo, degustación de mexillón e degustación gastronómica
18.00 a 21.00h, Praza de Galicia – festa infantil con inchables e toro mecánico
19.30h, Praza de Galicia – festa da espuma
22.00h, Parque da Cachada – concerto tributo Maná
00.30h, Parque da Cachada – espectáculo pirotécnico