Campamento conciliación Nadal 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro desenvolve no Nadal un Campamento de Conciliación con actividades, saídas culturais, teatro e xogos para nenos e nenas escolarizados de entre 3 e 12 anos. 

 

O campamento vaise desenvolver nos días laborables entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro. 

O horario do campamento será de 8.00 a 14.00 horas ou de 9.00 a 14.00 horas (un a escoller). 

Prezo: 50 euros por neno/a (desontos do 50% para dous ou mais irmáns e 80% para persoas de exclusión social). 

Consulta as bases do campamento AQUI e descarga os formularios de solicitude. 

Publicada a relación de persoas admitidas (13/12/2023) que se pode consultar aqui

O prazo de alegacións está aberto ata o 18 de decembro

O prazo de pago é do 18 ao 21 de decembro (ambos inclusive) e deberá entregar na Casa da Cultura un exemplar da autoliquidación. 

 

Inscricións 

Do 29 de novembro ao 11 de decembro no Rexistro Xeral do Concello de Boiro (aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas) ou na sede electrónica. 

 

Información

Casa da Cultura de Boiro

|