Depor Campus 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro colabora coa Escola de Fútbol Municipal de Boiro na celebración dunha nova edición do Depor Campus, que terá lugar nas instalacións municipais de Valiño entre o 14 e o 18 de xullo.

A actividade está dirixida a rapaces e rapazas de 6 a 14 anos e vaise desenvolver en horario de 10.00 a 14.00 horas.

As inscricións están abertas ata o día 7 de xullo e poden formalizarse na páxina web www.deporcampus.rcdeportivo.es

Veráns deportivos 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro promove a XXXII Edición dos Veráns Deportivos 2025, que se desenvolven do 23 de xuño ao 4 de setembro de 2025. 

O prazo de inscrición das actividades está aberto dende o 16 de xuño.

Toda a información AQUI

 

  • Actividades para rapazas e rapaces

REMO

Idade: De 8 a 16 anos

Datas: Do 30 de xuño ao 29 de agosto

Lugar: Peirao de Cabo de Cruz

Horarios:

  • Nados entre 2013 e 2016. Martes e xoves de 10:30h a 13:30h
  • Nados entre o 2009 e 2012. Luns, mércores e venres de 10:30h a 13:00h

Inscrición: 90€ nados entre 2009 e 2012 e 80 euros nados entre 2013 e 2016 (30€ a pagar no Departamento de Deportes do Concello de Boiro e 60€ ou 50€ a pagar no Club de Remo) Licencia federativa e seguro incluído.

 

PIRAGÜISMO

Idade: Maiores de 8 anos

Datas: cursos quincenais do 30 de xuño ao 4 de setembro

Lugar: Praia Xardín

Horarios:

  • Grupo 1 (+12 anos): de luns a xoves de 10:00 a 11:30 horas
  • Grupo 2 (8 a 12 anos): de luns a xoves de 11:30 a 13:00

Inscrición: 70€ (30€ a pagar no Dpto. Deportes e 40€ no Club de Piragüismo). Licencia federativa e seguro incluido. 

 

VOLEI PRAIA

Idade: dos 8 aos 16 anos

Datas: do 30 de xuño ao 29 de agosto

Lugar: Área deportiva da praia de Barraña

Horarios:

  • Nados entre o 2013 e 2017: das11:00h a 12:00h
  • Nados entre o 2007 e 2012: das12:00h a 13:00h

Inscrición: 30€. (Pago no Dpto. Deportes)

 

BALONCESTO

Idade: Dos 6 aos 16 anos

Datas: Do 1 de xullo ao 28 agosto

Lugar: Pavillón Santa Baia

Horarios:

  • De 12 a 16 anos.Martes e xoves de 10:00h a 11:30h
  • De 6 a 11 anos. Martes e xoves de 11:30h a 13:00h

Inscrición: 30€. (Pago no Dpto. Deportes)

 

ATLETISMO

Idade: Dos 8 aos 16 anos

Datas: Do 30 de xuño ao 27 agosto

Lugar: Base no Pavillón da Cachada

Horarios: Luns e mércores

  • De 11 a 13 anos. 10:30h a 11:30h
  • De 8 a 10 anos. 11:30h a 12:30h
  • De 14 a 15 anos. 12:30h a 13:30h

Inscrición: 30 euros. (Pago no Dpto. Deportes)

 

TENIS RAPACES

Idade: De 8 a 16 anos

Datas: Do 1 de xullo ao 28 agosto

Lugar: Pista de tenis Av. Constitución

Horarios: Martes e xoves

  • De 8 a 11 anos. 10:00h a 11:00h Nivel 1 (2 grupos)
  • De 12 a 16 anos. 11:00h a 12:00h Nivel 2 (1 grupo)
  • De 12 a 16 anos. 12:00h a 13:00h Nivel 3 (1 grupo)

Inscrición: 30 euros. (Pago no Dpto. Deportes)

 

INICIACIÓN AO TAEKWONDO

Idade: De 3 a 10 anos

Datas: Do 1 de xullo ao 28 agosto

Lugar: Ximnasio Costado Taekwondo Boiro

Horarios: Martes e xoves das 12:10h a 13:00h

Inscrición: 50€ . Licencia federativa e seguro incluído. (Pago no ximnasio Costado Taekwondo Boiro)

 

VELA. ESCOLA NÁUTICA DE BOIRO

Idade: De 8 a 16 anos

Datas: Do 30 de xuño ao 29 agosto

Lugar: Porto deportivo de Cabo de Cruz

Horarios: De luns a venres das 10:00h as 13:30h ou das 15:30h ás 19:00h

Inscrición:

  • 55 euros/ semana 
  • 30 euros/semana (empadroados) 

Licenza federativa e seguro incluído. (Pago na Escola Náutica de Boiro)

 

VELA. COLABORACIÓN CO CLUB NÁUTICO DEPORTIVO BARRAÑA

Idade: A partir dos 7 anos e que sepan nadar

Datas: Do 23 de xuño ao 30 agosto

Lugar: Peirao de Escarabote.

Horarios: das10:00h ás 14:00h ou das 15:00h ás 19:00h

Inscrición: (inclúe licenza federativa)

  • Socios. 66€
  • Non socios. 76€

Pago no Club Náutico Deportivo Barraña

 

  • Actividades para adultos

TENIS

Idade: Maiores de 16 anos

Datas: Do 1 de xullo ao 28 agosto

Lugar: Pavillón de Barraña

Horarios:

  • Iniciación (Nivel 1) Martes e xoves de 21:30h a 22:30h
  • Perfeccionamento (Nivel 2) Martes e Xoves 20:30h a 21:30h

Inscrición: 40 euros (Pago no Dpto. Deportes)

 

XIMNASIA PARA XUBILADOS

Idade: Xubilados

Datas: Do 30 de xuño ao 29 de agosto

Lugar: Pavillón de Barraña

Horarios: Luns, mércores e venres de 10:00h a 11:00h

Inscrición: Gratuíta

 

PROXECTO BOIRO ACTÍVATE

Idade: Persoas con doenzas especiais

Datas: Do 30 de xuño ao 29 agosto

Lugar: Pavillón de Barraña

Horarios: Luns, mércores e venres de 11:00h a 12:00h

Inscrición: Gratuíta

 

VELA. COLABORACIÓN CO CLUB NÁUTICO DEPORTIVO BARRAÑA

Datas: cursos a desenvolver entre o 23 de xuño e o 30 de agosto

Lugar: Náutico de Barraña - Escarabote

Horarios:

  • Curso de mañá. De 10:00h a 14:00h
  • Curso de tarde. De 15:00h a 19:00h

Inscrición: 96 euros (inclúe licenza federativa) O pago realízase no Club Náutico Deportivo Barraña

 

VELA. O CHAZO. DIRIXE CINA

Idade: Maiores de 18 anos

Datas: Do 4 de xullo ao 30 agosto

Lugar: Base no Chazo, nas instalcións náuticas do CINA

Horarios: De 10:00h a 20:00 h

Inscrición: 74 euros. O pago faise na CINA

Nota: Cursos impartidos por técnicos do CINA

 

  • Competicións deportivas

VI CAMPUS DEPORTIVO "RUFINO REGUEIRA" NATACIÓN E TRIATLÓN

Idade: Nados do 2012 ao 2018

Datas: Do 1 de xullo ao 30 agosto

Lugar: As Colonias (Praia Xardín)

Horario: Luns a venres de 10:00h a 13:30h

Organiza: Club Natación Boiro

Inscrición: 240€ (Socios) 270€ (Non Socios). O pago faise no Club de Natación. 

 

CAMPUS DE BALONCESTO. CLUB DE BALONCESTO SANTA BAIA

Idades: dos 6 aos 17 anos

Data/hora: do 4 ao 8 de agosto de 9.30 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas

Lugar: pavillóns do Santa Baia, Praia Xardin, Cachada e Barraña. 

Organiza: Obradoiro CAB SAD

 

XIII CAMPUS DE BALONCESTO OBRADOIRO

Idade: Dos 6 aos 18 anos

Datas: Do 23 de xuño ao 27 xuño

Lugar: Pavillóns de Santa Baia, Praia Xardín, Cachada e Barraña

Horario: De 9.30h a 13.30h e de 16:00h a 19:00h

Organiza: Obradoiro C.A.B S.A.D

 

CAMPUS VOLEI PRAIA

Datas: datas e horarios por determinar

Lugar: Área deportiva da praia de Barraña

Organiza: Club Voleibol Cabo de Cuz

 

TORNEO INTERNACIONAL DE RUGBY PRAIA

Datas: 12 de xullo, a partir das 10:00h

Lugar: Área deportiva da praia de Barraña

Organiza: Barbanza Rugby Club

 

CAMPUS DE FÚTBOL RCD LA CORUÑA

Data: Do 14 ao 18 de xullo de 10:00h a 14:00h

Idade: Dos 6 aos 14 anos

Lugar: Campo de fútbol de Valiño

Organiza: RCD La Coruña

  

VIII TRAVESÍA A NADO ILLA DE BENSA

Idades: A partir dos 8 anos

Data: 16 de agosto

Lugar: Praia de Carragueiros

Organiza: Club Natación Boiro

  

TRAIÑEIRAS. PROBA LIGA ACT

Data: 10 de agosto, a partir das 11:00h

Lugar: Peirao de Cabo de Cruz

Organiza: Club Remo Cabo de Cruz

 

II TORNEO 3X3 BALONCESTO

Data: 2 e 3 agosto

Lugar: Pistas da Boqueira de A Negral

Organiza: Club de Baloncesto Santa Baia

 

 

Departamento de Deportes

Edificio As Colonias Praia Xardin (Paseo Marítimo de Barraña)

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

www.boiro.gal

Descargas:
Download this file (FOLLETO.pdf)FOLLETO.pdf

Campaña da neve 2025 da Deputación da Coruña | Concello de Boiro

Concello de Boiro participa nunha nova edición da Campaña da Neve da Deputación da Coruña, unha actividade destinada a rapaces e rapazas da provincia de entre 11 e 15 anos.

As datas para Boiro serán entre o 7 e o 10 de febreiro de 2025 e as inscricións para participar estarán abertas entre o 8 de novembro e o 2 de decembro.

O sorteo público de prazas terá lugar o mércores 4 de decembro de 2024 ás 12.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro. 

As persoas participantes gozarían de catro días na estación invernal de Valgrande-Pajares. O prezo da viaxe será de 85 euros e contará co transporte, a estadía, os monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. Ademais dos cursos de esquí haberá actividades complementarias ou alternativas. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

A través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro, presentando a ficha de inscrición dispoñible AQUI

Ata o 2 de decembro de 2024.

XIX carreira popular Mar de Boiro. 17º memorial Pepe Buceta | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro 1 de decembro a XIX edición da carreira popular Mar de Boiro. 17º memorial Pepe Buceta. 

A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e forma parte do VII Circuíto de Carreiras de Barbanza Arousa e do X Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña. 

 

Consta de tres categorías distintas

Mini e Supermini - 200 metros para idades ata os 7 anos (saída ás 10.40h da rúa Peonil) 
2 saídas: Mini (2016-2017-2018) e Supermini (2019 e posteriores). Saída a 200 metros da liña de meta, ao comezo da rúa peonil. O horario da saída será ás 10:40h. Os pais poden correr cos cativos da proba Supermini, pero farano ao final do pelotón, para non entorpecer aos cativos máis rápidos. Deste xeito, os inscritos na carreira longa poderán correr cos fillos na carreira Supermini antes da súa proba.

Escolares - 2.500 metros (saída ás 11.05h da rúa Principal) 
Saída 5 minutos despois da categoría absoluta, na rúa Principal, fronte ó edificio do concello. Baixada pola rúa Principal ata o cruce da Avda. Constitución (despois do cruce da Avda. Compostela). Collemos a esquerda pola Avda. Constitución, pasamos a rotonda do cruce ca Avda. Compostela e seguimos subindo toda a Avda. Constitución, pasando a rotonda da ancla e chegando á rotonda do cruce de Abanqueiro. Volta á rotonda, subida ata a rúa Estatuto de Galicia e baixada todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello.

Carreira longa - 10.000 metros para categoría xeral (saída ás 11.00h da rúa Principal) 
Saída na rúa Principal, fronte ao edificio do concello. Baixada pola rúa principal ata o cruce da Avda. Constitución (despois do cruce da Avda. Compostela). Collemos á esquerda pola Avda. Constitución ata a rotonda da Avda. Compostela, torcendo á dereita en dirección a Praia Xardín. Ao final da Avda. Compostela torcemos á esquerda, entrando no paseo marítimo. Percorrido por todo o paseo marítimo ata o final do mesmo, no Saltiño. Sáese á Avda. Barraña e a 50 metros xa se colle o cruce á esquerda para subir pola Pedra da Bouza ata a Rotonda da Sestelo. Séguese pola estrada ata Triñáns e ao final torcemos á esquerda en dirección a Abanqueiro. O percorrido polas estreitas rúas de Triñáns lévanos ata a rotonda do cruce que vai para a praia de Mañóns, torcendo a dereita e dirixíndonos ata esta praia. De Mañóns seguimos a estrada ata o cruce preto da Charca de Abanqueiro. Ao final da Charca, collemos á esquerda para subir toda a recta do campo de fútbol de Abanqueiro ata chegar a Exipto, continuando recto pola estrada que pasa por Brión e, ao pasar San, torcemos á dereita en dirección á Boliña, ata chegar ao cruce ca Avda. Constitución. Aquí collemos á dereita en dirección á rotonda de Espiñeira, onde se fará un cambio de sentido (sen chegar a bordear a rotonda) para volver a baixar pola Avda. Constitución, torcemos á dereita no primeiro cruce para baixar pola rúa Estatuto de Galicia (onde está Correos) todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello.

 

Inscricións abertas ata o xoves 28 de novembro ás 23.59 horas emesports.es

 

 

Día da Bici 2024 | Concello de Boiro

CAMBIO DE DATA POLA PREVISIÓN METEOROLÓXICA 

20 DE OUTUBRO 

 

O Concello de Boiro organiza unha nova edición do Día da Bici que terá lugar o domingo 20 de outubro con saída ás 11.00 horas da Praza de Galicia. 

A actividade ten como finalidade fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte e tamén promover o deporte do ciclismo. 

A actividade está destinada a maiores de 6 anos e non se permite o uso de bicicletas con rodas traseiras de equilibrio. 

 

Máis información e inscricións 

No Departamento de Deportes do Concello de Boiro ata o venres 18 de outubro ás 12.00 horas

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

|