IV Microcamp Tecnolóxico | Concello de Boiro

O Concello de Boiro leva a cabo entre o 3 e o 14 de agosto o IV Microcamp Tecnolóxico, un , un curso de robótica, drons, gafas VR e impresión 3D dirixido a rapazada nada entre o 2012 e o 2018. 

Publicada a listaxe provisional de persoas admititas, que se pode consultar aqui

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas, que se pode consultar aqui

 

Esta actividade ten como finalidade fomentar a aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades tecnolóxicas básicas nunha contorna educativa e lúdica. O microcamp abarcará as seguintes áreas: 

- Introdución ao manexo de drons.

- Conceptos básicos de Impresión 3D

- Introdución á Realidade Virtual 

- Introdución á Robótica 

- Uso seguro de Internet e ferramentas dixitais 

- Xogos e actividades didácticas relacionadas coa informática 

 

Datas e lugar do curso 

Datas: luns, martes, xoves e venres dende o 03/08/2026 ao 14/08/2026

Horario: 10.00 a 13.00 horas

Lugar: aula CeMIT do Concello de Boiro (1º andar do Centro Social de Boiro) 

 

Inscrición

O prazo estará aberto dende o 22/07/2026 ao 28/07/2026 (ambos incluídos). 

Mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

 

Máis información 

aula CeMIT do Concello de Borio

981 84 26 35 ou 629 769 139

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

|