Campamento conciliación Nadal 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro desenvolve no Nadal un Campamento de Conciliación con actividades, saídas culturais, teatro e xogos para nenos e nenas escolarizados de entre 3 e 12 anos. 

 

O campamento vaise desenvolver nos días laborables entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro. 

O horario do campamento será de 8.00 a 14.00 horas ou de 9.00 a 14.00 horas (un a escoller). 

Prezo: 50 euros por neno/a (desontos do 50% para dous ou mais irmáns e 80% para persoas de exclusión social). 

Consulta as bases do campamento AQUI e descarga os formularios de solicitude. 

 

Inscricións 

Do 29 de novembro ao 11 de decembro no Rexistro Xeral do Concello de Boiro (aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas) ou na sede electrónica. 

 

Información

Casa da Cultura de Boiro

Programación cultural novembro 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro 

 

PROGRAMACIÓN

Xoves 9 de novembro, 12.00h – Pazo de Goiáns: encontro de xestores culturais.

Venres 10 de novembro, 17.30h – Centro Social de Cabo de Cruz: “Extra!” de Paco Nogueiras.

Venres 10 de novembro, 20.30h – Pazo de Goiáns: presentación do libro “5” de Ana Lojo Chan.

Venres 10 de novembro, 21.00h – Casa da Cultura de Boiro: “Unha inimiga do pobo” de Talía Teatro.

Sábado 11 de novembro, 16.30h – Moimenta: magosto da Asociación de Veciños de Moimenta.

Sábado 11 de novembro, 18.00h – Campo de Revelar (A Boliña): magosto da Comisión de Festas da Boliña.

Sábado 11 de novembro, 19.00h – Casa da Cultura de Boiro: “Molto Barroco” de Píscole Teatro.

Domingo 12 de novembro, 19.00h – Centro Social de Boiro: proxección de “O corpo aberto” do Ciclo de Cine Mestre Mateo.

13 ao 17 de novembro – MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR

Sábado 18 de novembro, 20.00h – Centro Social de Boiro: proxección do filme “Unicorn Wars” do Ciclo de Cine Mestre Mateo.

Domingo 19 de novembro, 19.00h – Casa da Cultura de Boiro: proxección do filme “O Corno”.

Venres 24 de novembro, 21.00h – Casa da Cultura de Boiro: “Made in Galicia” de Sarabela Teatro.

Sábado 25 de novembro, 09.00h – Centro Social de Boiro: xornada micolóxica.

Sábado 25 de novembro, 12.00h – Centro social de Boiro: proxección da curtametraxe “Lavadoiros”.

Cursos Aula CeMIT - novembro 2023 | Concello de Boiro

A aula CeMIT do Concello de Boiro amplía a oferta de cursos formativos no mes de novembro de 2023.

Libreoffice Writter - do 6 ao 9 de novembro, de 10.00 a 12.00 horas 

Libreoffice Calc - do 13 ao 16 de novembro, de 10.00 a 12.00 horas 

Base - do 20 ao 23 de novembro, de 10.00 a 12.00 horas 

Impress - do 27 ao 30 de novembro, de 10.00 a 12.00 horas 

 

Máis información e inscricións 

Aula CeMIT do Centro Social de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

981 84 26 35

629 769 139

exposición: "Mirando hacia dentro" - Eva León | novembro 2023

A Casa da Cultura de Boiro acolle no mes de novembro a mostra "Mirando hacia dentro" que recolle esculturas e pinturas realizadas por Eva León. 

A mostra recolle esculturas feitas con materiais atopados no lixo, na praia ou en calquera outro lugar. A exposición está composta por esculturas e tamén pinturas e poderase visitar durante todo o mes de novembro na Casa da Cultura de Boiro.

 

Exposición: "Vida e obra de Francisco Fernández del Riego" - IES A Cachada | outubro 2023

A Casa da Cultura de Boiro acolle durante o mes de outubro a exposicion "Vida e obra de Francisco Fernández del Riego" realizada polo alumnado de plástica do IES A Cachada. 

A mostra está composta por diversos paneis que recollen aspectos importantes da vida do autor como o seu activismo político, a súa obra, a súa relación coa lingua galega ou a súa vinculación con Boiro a través da figura de Ramón Martínez López.

|