Educación para Persoas Adultas

A Concellería de Educación do Concello de Boiro promove, un ano máis, aulas de formación para persoas adultas para o curso 2020-2021. Estas ensinanzas están destinadas a maiores de 18 anos que non posúen o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complenentar os seus coñecementos e aptitudes para o seu desenvolvemento persoal e profesional. 

Entre os obxectivos específicos destas aulas están os de adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral. 

 

Presentación de solicitudes

As prazas son limitadas, o prazo de presentación de solicitudes está aberto entre o 7 e o 25 de setembro (ambos os dous incluídos) e pode facerse a través da Sede Electrónica ou do Rexistro Xeral do Concello de Boiro. 

 

Máis infromación

Casa da Cultura "Ramón martínez López" de Boiro - A Cachada

981 84 84 25

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

Descarga o formulario de solicitude e a folla de continuidade de estudios

 

|