Entroido 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, xunto coa colaboración de entidades e asociacións culturais do municipio, leva a cabo unha programación de Entroido pensada para todas as idades.

 

Obradoiro de Entroido 

Destinado a rapazada de entre 4 e 12 anos.

Días 16, 17 e 18 de febreiro no Centro Social de Cabo de Cruz en horario de 10.00 a 13.00 horas

Prazas limitadas. Inscricións no 981 84 78 59 

 

PROGRAMACIÓN

Xoves 12 de febreiro | xoves de Abadesas (Cabo de Cruz) 

Venres 13 de febreiro | venres de Abadesas (Boiro) 

21.00h - charanga Vai de Baile na rúa peonil 

Sábado 14 de febreiro | Sábado de Entroido 

19.00h - Entroido na Boliña e XVII festa da orella de porco e productos típicos do Entroido 

22.30h - festa de Entroido Peñas Boiro AC na Praza de Galicia 

Domingo 15 de febreiro | Domingo de Entroido 

17.00h - festa infantil con DJ Matrek no pavillón da Cachada

Martes 17 de febreiro | Martes de Entroido

18.00h - desfile e concurso de disfraces e carrozas con batucada e DJ Matrek 

BASES DO CONCURSO

Xoves 19 de febreiro 

20.30h - presentación dos entroidos populares no Centro Social de Boiro 

Sábado 21 de febreiro 

Enterro do Felipiño (Escarabote) 

Domingo 22 de febreiro 

Enterro do Farruco (Cabo de Cruz) 

Enterro da Cunca (Praia Xardin) 

Enterro do Óso (Abanqueiro)

 

Cabalgata de Reis 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis que terá lugar o vindeiro luns 5 de xaneiro de 2026.

A saída da comitiva real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e chegará á Praza de Galicia pola rúa Principal. Na Praza de Galicia haberá unha gran recepción ás SSMM os Reis Magos de Oriente, onde todos os nenos e nenas terán oportunidade de pedirlle os regalos de última hora. A comitiva regresará, como de costume, a Escarabote e rematará o percorrido na Agramuíña.

Para garantir a inclusión, a cabalgata contará cun tramo sen ruído e sen luces, que se fará na rúa Principal, no tramo comprendido entre as interseccións coa Av. de Compostela e a rúa Salvador Allende.

A comitiva está formada por 8 carrozas, incluídas as do tres Reis Magos, o nacemento e os camelos. Contará tamén con animación musical a cargo da banda OJE de Ferrol, o grupo Arume, Os Caraveiros e a charanga Equipo B.

Para a recepción das SSMM, na Praza de Galicia haberá preparada unha gran festa con chocolatada e animación con DJ Matrek dende as 17.30 horas.

 

Como xa é tradición, as Raíñas Magas adiantaranse ás SSMM e visitarán todas as parroquias do municipio o domingo 4 de xaneiro durante todo o día facendo o seguinte percorrido:

11.30h - Abanqueiro (Centro Social) 
12.30h - Cespón (Casa dos veciños) 
13.30h - Bealo (unitaria de Ponte Beluso) 
16.00h - Macenda (Campo de Golf) 
17.00h - Cures (Centro Social) 
18.00h - Escarabote (Centro Social)
19.00h - Cabo de Cruz (Centro Social) 
20.00h - Boiro (Praza de Galicia) 

Ciclo de cine Mestre Mateo 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro acolle unha nova edición do ciclo de cine Mestre Mateo, un proxecto impulsado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Deputación da Coruña para a proxección dos filmes finalistas dos premios Mestre Mateo.

As proxeccións serán todos os domingos de outubro e novembro ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. 

PROGRAMA 

5out | +Cuñados

12out | As Naves 

19out | Filmei páxaros voando 

26out | Xustiza Artificial 

2nov | Aurora 

9nov Honeymoon

16nov | curtametraxes 

23nov | Prefiro Condenarme 

30nov | Salvaxe 

Programación cultural Nadal 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro programa para o Nadal 2025 propostas lúdicas e actividades pensadas para os mais cativos e que contemplan tamén os festivais das asociacións culturais do municipio. 

Esta programación complementase coas propostas que leva a cabo a ABE no marco da campaña “Boiro, corazón do Nadal” que se vai desenvolver entre o 10 de decembro e o 3 de xaneiro e que buscan incentivar as compras no comercio local. 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES 

  • Actividades

Domingo 14 de decembro, 17.30h – local multiusos do Mercado Municipal | Paco Nogueiras. “C@nto contigo

Sábado 20 de decembro, 18.00h - local multiusos do Mercado Municipal | Dani García. “Maxia entre liñas”

Venres 26 de decembro, 18.00h - local multiusos do Mercado Municipal | Charo Pita. “A familia papaventos”

Sábado 27 de decembro, 18.00h - local multiusos do Mercado Municipal | Luis Vallecillo. “Neofalante!”

Luns 29 de decembro, 16.00h – Praza de Galicia | Teatro Circo Danza. “Deixar”

Martes 30 de decembro, 19.45h - local multiusos do Mercado Municipal | concerto Versionettes

Domingo 4 de xaneiro | As Raíñas Magas visitan as parroquias

Luns 5 de xaneiro | Gran Cabalgata de Reis

  • Festivais

Domingo 14 de decembro, 17.00h –Abanqueiro | Asociación Cultural de Abanqueiro

Domingo 14 de decembro, 17.30h – pavillón da Cachada | Xilbarbeira

Domingo 21 de decembro, 18.00h – pavillón da Cachada| Cen Pliés

Domingo 21 de decembro, 18.00h – Casa dos Veciños Cespón | Abeloura

Domingo 28 de decembro, 18.00h – Pavillón da Cachada | AC Pedra da Aroña

Mes da danza 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra durante este setembro unha nova edición do mes da danza con actuacións de grupos locais e compañías profesionais.

Venres 5 de setembro, 20.30h - Pazo de Goiáns 
"O pequeno principe" - Cen Pliés

Sábado 6 de setembro, 17.00h - San Roque (Cespón) 
Encontro Tradicional de San Roque - Abeloura 

Domingo 7 de setembro, 19.00h - Praza de Galicia
Ballet Folclórico Galego 

Domingo 17 de setembro, 19.00h - Pazo de Goiáns 
Xilbarbeira e Abeloura 

Venres 19 de setembro, 20.30h - Pazo de Goiáns 
AC Pedra da Aroña e Grup Folkcloric Tramuntana (Menorca) 

Sábado 20 de setembro, 20.30h - Pazo de Goiáns 
"Ceibe" - Fran Sieira 

Domingo 21 de setembro, 19.00h - Pazo de Goiáns 
Ballet con AC Pedra da Aroña 

Sábado 27 de setembro
Serán das Angustias 

 

*As actuacións do mes da danza contarán cunha entrada solidaria de 3 euros que serán doados a distintas entidades e asociacións do ámbito social.

|