Bolsas para deportistas 2021 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través da área de deportes, convoca as bolsas para deportistas federados da localidade para o ano 2021. 

A dotación total da convocatoria é de 7.500 euros, que se distribuirán en 5 bolsas de 300 euros, 10 bolsas de 200 euros, 16 bolsas de 150 euros e 16 bolsas de 100 euros. 

O BOP núm. 98 do 25 de maio de 2022 publica o anuncio da convocatoria. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro nos dez días hábiles posteriores á publicción no BOP do anuncio das bases deste programa de bolsas. 

 

Requisitos das persoas solicitantes 

- Estar empadroadas en Boiro 

- Ter entre 9 e 23 anos (data 31 de decembro de 2021) 

- Dispoñer de licencia federativa en vigor no momento da presente convocatoria 

- Ter participado na tempada precedente en: 

  • campionatos oficiais galegos, españois ou de nivel superior
  • convocatorias das seleccións galega ou española da especialidade 
  • probas oficiais de nivel competitivo igual ou superior aos campionatos galegos, así recoñecidas e acreditadas pola federación correspondente 
  • campionatos oficiais absolutos de liga 1ª, 2ª e 3ª categoría de cada especialidade

- Non sufrir sanción ou descualificación por comportamento antideportivo 

 

|